1500 convivium
en todo o mundo

Seitura Eco

O proxecto de Seitura comenzou no ano 2017 aínda que a produción comenzou no ano 2018. En Paderne atopou o seu paraíso entre ríos. Neste lugar ten unha finca de case 2 hectáreas que adican a horta, froiteiras e avicultura.
 

Formouse na Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo aínda que as vivencias de nena, e a herdanza de avós e pais, marcaron todo o seu traballo. Actualmente dispón dunhas 60 froiteiras que son pequenas pero xa amenazan con empezar a producir. Esta parte do seu proxecto aínda ten que medrar, pero a un ritmo moi "slow". 


Á horta adícalle unha parte grande do espazo da finca e tamén do seu día a día. De momento ten 2 invernadoiros que son un apoio importante na produción. Seitura oferta dende leituga, acelga, espinaca, rúculas, canónigos, escarolas, mostazas, etc. que conforman os MEZCLUMS SEITURA que tanto disfrutamos, como outros mais típicos da horta galega: tomate, pemento, nabiza e grelo, brócoli, repolo, couveflor, cebola, cenoura, porro... Sen esquencer os chícharos, tirabeques e xudías. En fin, que xa non tedes escusa para dicir que non tedes horta na casa.


Na súa tenda online (www.seitura.net) podedes ver o catálgo completo de produtos que teñen á vosa disposición. Aos produtos da súa horta engaden outros produtos elaborados en ecolóxico e, cando pode ser, de proximidade, para que poidades completar a vosa cesta da compra.

Máis info en: www.seitura.net/mercar

O último dos seus proxetos é a AVICULTURA. Nel van medrando tamén de forma lenta pero sostible. Apostan por unha raza autóctona de crecemento lento como é a Galiña Raza de Mós. O proceso da crianza realízase en Seitura dende a incubación co cal controlan o desenvolvemento das súas aves dende a sua xestación.


A galiña medra con alimentación baseada en pasto e cereiais ecolóxicos e, aínda que esta raza pon menos ovos que outras, estes son tan sabrosos que paga a pena apostar pola calidade en lugar da cantidade. A súa é unha produción artesanal na que as aves conviven en grupos de 25, un máximo de 50 galiñas poñedoras e 50 reproductoras. Isto fai que os coidados e mimos que reciben sexan únicos. Os aloxamentos permítenlles unha comodidade máxima e minimizan as enfermidades, as pelexas...


En canto aos polos, Seitura opta polo POLO DE PASTO. Esto quere dicir que non están en curral. Eles dispoñen de parques e casas móviles. Dentro do parque, a caseta móvese a diario para aboar e rexenerar a zona onde están. Ademais, os parques cambian de sitio unha vez cada 7 ou 10 días. A isto coñeceselle como “Pastoreo programado”.

Así que, por unha banda rexeneran os solos e capturan carbono da atmósfera, e por outra hai unha mellora importante no benestar dos seus animais e polo tanto na calidade do produto. Os seus polos móvense, en grupos de 8, por toda a finca pastando e tendo sempre ao seu alcance herba fresca, insectos, caracois, etc. xunto cos cereais que precisan para completar a súa dieta.




CALIDADE

- Seitura é unha explotación agrícola co número de rexistro (REAGA) 
G-1506400507 
- Inscrita no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) 
co número de operador GA/03118/PV.
- Produtora da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo 
(rexistro nº: RBMCTM120/20).
- Criadora e produtora de Galiña Raza de Mós inscrita na Asociación Avimós co 
código número GM00685


PRODUTOS

Horta, ovos, carne de galo de mos, pularda.


Contacto:
Correo electrónico: seitura.agricultura.ecoloxica@gmail.com
Facebook: @seitura.eco
Twitter: @seitura_eco
Instagram: @seitura_eco


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario