Quintián, é unha gandería familiar que nace do amor pola terra nos anos 60. No ano 2010 apostaron por poñer en valor o seu produto e a súa contorna dende ese balcón á natureza. A súa gandería e queixería están ubicadas en O Páramo, na provincia de Lugo, na ladeira dunha montaña, moi preto do Camiño de Santiago, con vistas a todo ao val por onde transcorre o Río Miño. Esta orografía permitiu que fixeran realidade o soño da súa queixería, construída baixo terra, respectando a contorna e sen impacto paisaxístico.
O benestar das súas vacas é unha das súas prioridades, por iso lles brindan os mellores coidados e mimos para que sexan felices, así como unha alimentación de calidade, baseada fundamentalmente en forraxe cultivado na súa contorna.
Eles son Julio e Chelo, os cales tomaron da man o que con moito amor comenzaron os pais del, coa firme idea de poñer en valor o territorio, un produto e unha forma de vida, onde o coidado dos animais é a base do seu proxecto.
OS SEUS PRODUTOS...
NÉBOA
Néboa é unha palabra moi representativa do clima da nosa terra. É un queixo de pasta blanda de leite cru de vaca, con codia natural enmohecida. Caracterízase polos seus matices a bosque, champiñón e notas a nata.
AGARIMO
Agarimo, o mesmo co que as nosas avoas traballaban e moldeaban o queixo en tempos difíciles. Con el rendimos homenaxe a todas elas. É un queixo de pasta blanda de leite pasteurizado, de codia lavada. Textura elástica, granulosa e fundente. A súa codia natural con sabor afroitado e regusto moi elegante.
QUEIXO FRESCO
O queixo de sempre. Textura blanda e cremosa, co sabor e a calidade de antes.
LEITE
Leite producido de forma natural sen máis tratamento que a pasteurización. Conserva todo o seu valor nutricional e sabor de sempre coas garantías sanitarias actuais.
¿Queres mercar os seus produtos?
Se queres saber o punto de venda máis cercano ou recibir os seus produtos a domicilio, chámaos ao 648 19 59 89. Tamén podes enviarlles un mail a info@ganderiaquintian.com.
Contacto:
Quintián - Friolfe - O Páramo / Lugo
Teléfono: 648 19 59 89
E-mail: info@ganderiaquintian.com
Web: ganderiaquintian.com
0 comments :
Publicar un comentario