1500 convivium
en todo o mundo
Home » , » Terras da Mariña S.C.G.

Terras da Mariña S.C.G.

A cooperativa Terras da Mariña, S. Coop. Galega atópase no termo municipal de Lourenzá, pero está composta por socios de toda a comarca de “A Mariña Lucense”. Nace pola inquietude dun grupo de produtores de “Faba de Lourenzá” ante unha serie de peculiaridades relacionadas coa produción e comercialización. 
Envórcase na xestión conxunta da produción da faba das explotacións dos socios da mesma, e así poder garantir un  Referencial de Calidade  verificable que asegure unha  trazabilidade e unha seguridade alimentaria aos nosos clientes, en relación ao uso de Fitosanitarios e á Análise dos puntos perigosos e críticos do seu manexo, e ao seu comercio.


A parte da calidade, como cooperativa, preocúpanse moito da  trazabilidade e a seguridade dos seus produtos. Por iso, levan un control moi estrito de todo o proceso produtivo da  faba. A través dun programa de  trazabilidade, eles e os seus clientes, a través dun número de lote, poden saber quen producíu esa  faba, en que leira, que tratamentos se usaron, que fertilización levou, cando se  sementou, cando se recolleu, que enfermidades sufriron, cando se conxelou, cando se clasificou e quen a clasificou, etc... 


Nunca mesturan as  fabas dun socio coas doutro e dentro da produción dun mesmo socio, sempre envasan cada leira por separado, garantindo así que as  fabas de cada envase responden a unha calidade uniforme e que todas se van a comportar de igual forma á hora da súa  cocción. 

Outra opción que ofrecen desde Terras da Mariña, é a reserva de lotes, é dicir, se un cliente está contento cun tipo de  faba pódese reservar a cantidade desexada dese mesmo lote, sen necesidade de ter que adquirila nese instante. Esa cantidade dese lote resérvase para o cliente e pode ir adquirindo as cantidades que necesite, garantindo así que sempre vai recibir o mesmo tipo de  faba, coas mesmas calidades, aforrando tamén un gasto e un espazo de almacenamento. 

PRODUTOS

- FABA DE LOURENZÁ.  Produto excepcional que se distingue pola súa textura  mantecosa e pola súa pel  inapreciable e de cor branca. 

- FABA VERDINA 
Faba do marisco”. 
Caracterízase por ter unha cor verde, pel fina e  pulpa tenra e agradable textura e característico sabor.





- FABAS DE LOURENZÁ EN CONSERVA:

          a) Ensalada de Fabas de Lourenzá. 
          b) Fabas de Lourenzá con bacalao
          c) Fabas de Lourenzá con setas
          d) Fabas de Lourenzá con pulpo
          e) Fabas de Lourenzá con callos

Elaboradas a base de "IXP  FABA DE LOURENZÁ", dunha maneira totalmente artesanal.



Contacto:

Calle Ponte de Cuñas, s/n 
27760 Lourenzá Lugo 
Teléfono: 982121406 
Móbil: 618365341 
E-mail: info@terrasdamarina.es 



SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario