1500 convivium
en todo o mundo
Home » » As Camposeiras

As Camposeiras

As Camposeiras® é unha marca rexistrada que nace no 2010, no municipio de Oleiros (A Coruña) da man de Nuria Calo, arqueóloga de profesión, coa idea de aproveitar a materia prima que ofrecía a súa contorna.

Coas súas conservas quere que a xente volva á infancia a través dunha alimentación xa baseada en produtos artesáns moi coidados e de calidade.

Nun principio, elaborábanse marmeladas de sabores tradicionais, pero co tempo ese catálogo amplíase, coa introdución de licores, especias, mesturas de froitas, verduras ou flores.

Que levan as marmeladas? Basicamente froita, azucre e zume de limón con algunha especia, vinagres ou licores. Non se usan nin colorantes nin conservantes artificiais.

Toda a información queda reflectida na etiqueta, seguindo os regulamentos de hixiene sanitaria e normativa de etiquetaxe vixentes.

Sexan sabores tradicionais ou non, o aspecto exterior non se cambia nestes anos, suxerindo aquelas conservas de anos atrás, que enchían as despensas tras a recollida dos produtos de tempada.

Segue elaborando os produtos de forma artesanal. Recóllese a froita e a verdura cando están no seu punto óptimo de maduración, o que axuda a manter as súas propiedades durante os dous anos que se lle dá de consumo preferente.

No ano 2017 incorpórase á Marca de Calidade da “Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Grazas a iso, adquírese materia prima fresca en máis cantidade.

Apóstase desde un principio pola sustentabilidade da marca, o que a levou a reducir na medida do posible os residuos xerados na fabricación. 

No 2018 entra no ámbito das marcas adheridas ás “Reservas da Biosfera Españolas”.

A partir de xullo de 2022, a marca inscríbese dentro da Artesanía Alimentaria de Galicia, recoñecendo o tipo de produción efectuada.

Marmeladas: arando, fresón, freixoa, mazá-canela, kiwi, kiwi-fresón, limón, laranxa&café, framboesa, mazá-grosella, pera, kiwi-laranxa, kiwi con cointreau, laranxa amarga, mazá, cabaza&vainilla e grelo.

Salsas: arandos.

👉 Puntos de venda 👈

O seu ámbito de vendas redúcese a:

Tendas de barrio tradicionais, delicatesen...

Hostalería (hoteis e restaurantes).

Feiras de alimentación e artesanía.

Detalles para eventos (vodas, congresos, bautizos...).


Contacto:


As Camposeiras, Dorneda, 15178 Oleiros

☏  617 271 845 | ✉ ascamposeiras@gmail.com

Web: ascamposeiras.es



SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario