1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Guía para a iniciación no sector agrogandeiro ecolóxico

Guía para a iniciación no sector agrogandeiro ecolóxico

Emprender dentro do mundo rural pode ser un desafío para o perfil de “novo agricultor” ou novo entrante, como se define por parte da UE na PAC, unha persoa que decide emprender no eido da produción primaria, sen experiencia previa e sen relación familiar coa explotación asociada.


Neste caso concreto, os retos aos que se enfronta este perfil de emprendedor, supoñen un desafío enorme ante o descoñecemento técnico da labor a desenvolver e o marco normativo no que se debe mover. É por iso, que dentro das liñas de intervención posibles, os proxectos de formación e tele formación para a mellora da sustentabilidade nas explotacións agrícolas e gandeiras, con especial atención á produción ecolóxica, son unha peza importante a ter en conta nas accións a desenvolver no noso territorio.

Este tipo de iniciativas contan co respaldo da FAO, que entre os factores de risco que enumera ao falar sobre os perigos da soberanía alimentaria, está a falta de relevo xeracional o cal é un dos problemas que se repite ao longo de todo o mundo. De aí a importancia de fomentar o emprendemento entre os máis xoves para garantir a produción de alimentos.

De feito, seguindo coas liñas de actuación europeas, dende a estratexia “Da granxa á mesa”, plantéxanse actuación similares, nas que a pretensión é a de ser autosuficientes en canto a abastecemento intracomunitario, poñendo especial énfase nas canles curtas de comercialización.

Deste contexto social e lexislativo, xorde a necesidade de actuacións coma as desta guía elaborada para o Concello de Ponteareas (Pontevedra), cun deseño pensado para ser, máis que unha ferramenta de aprendizaxe ao uso, un manual de consulta. É unha guía que nos permite facer unha idea xeral do que debemos abordar antes de iniciarnos no eido agroecolóxico e como minimizar os impactos para que o noso emprendemento sexa todo o máis sostible posible, ambiental, social e económicamente, xa que unha parte que se trata durante a mesma, é a profesionalización do sector e o rendemento que debe xerar.

Ao longo de tódolos módulos, poderemos atopar enlaces aos rexistros precisos que deberemos solicitar, así como á normativa referida ou plataformas oficiais, onde poderemos afondar máis no tema que esteamos a tratar.


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario