1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Campaña "Come Local" 2023

Campaña "Come Local" 2023

Volve a "COME LOCAL" aos comedores escolares de toda Galicia para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade. Esta campaña, que acada a súa IV edición neste 2023, está impulsada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria


Entre outras cousas, consistirá en:

  • Achegar aos comedores, de forma totalmente gratuíta, varios produtos galegos con certificado de calidade: DOPIXP e Ecolóxicos de proximidade. Darase a oportunidade de que os nenos e nenas usuarios dos mesmos poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantida.
  • Axudarase á realización dun "escandaio" semanal para dotar aos comedores dunha ferramenta que facilite o cálculo do gasto que lles permita planificar mellor a súa conta de gastos. Para elo, entregarase unha tablet cunha app para tal fin e con toda a información da campaña.
  • Accións formativas in situ sobre educación alimentaria para os estudantes dos centros participantes nas cales lles proporcionará material sobre educación alimentaria, e máis concretamente, sobre as froitas e verduras que temos en cada tempada en Galicia. O papel da biodiversidade agrícola e o papel que xogan os produtos certificados á hora de conservala, así coma a importancia de comer de xeito local, será outro dos temas das charlas presenciais que se farán.
  • Formación por zoom aos cociñeiros/as dos comedores sobre etiquetado alimentario para que aprendan a diferenciar as diferentes certificacións e saiban tamén o que implica cada unha.
  • Asesoramento ao persoal de cociña e de comedor sobre aprovisionamento así como tamén nas dúbidas que poidan ter á hora de xestionar os residuos do centro.
  • Accións formativas e asesoramento sobre seguridade alimentaria para os centros e produtores participantes sobre como xestionar un APPCC correctamente.
  • Asesoramento e intervención dunha experta en nutrición para axudar a introducir os produtos con certificado de calidade.

Esta campaña será difundida a través das redes da Agacal (Axencia Galega da Calidade Alimentaria) e tamén estará recollida nun "Mapa Interactivo" que poderedes consultar en todo momento. Toda esta campaña irá aliñada cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da ONU.

Os centros que están participando nesta edición son: CEIP Casás (📍Lugo), CEIP Carlos Casares (📍Xinzo de Limia), CEIP Plurilingüe de Outes (📍Serra de Outes), CEIP Padre Crespo (📍Xunqueira de Ambía), CEIP San Marcos (📍Cartelle), CEIP Ría de Vigo (📍Vigo), EI de Vite (📍Compostela), CEIP ADR Castelao (📍Rianxo), CIFP Carlos Oroza (📍Pontevedra), CEIP A Igrexa-Calo (📍Teo), CPI de San Vicente (📍A Baña), CEIP Curros Enríquez (📍Ourense), IES Vilamarín (📍Vilamarín), CPR Raiola (📍Compostela), CPI de Atios (📍Valdoviño), CEIP Virxe do Portal (📍Sobrado), CPI Cernadas de Castro (📍Lousame), CEIP Eladia Mariño (📍Cabanas), CPI Virxe da Cela (📍Monfero), CEIP ADR Castelao (📍Ordes), CEE A Barcia (📍Compostela), CPI Domingo Fontán (📍Portas), CEIP Nosa Señora dos Remedios (📍Ponteareas), CEIP Rosalía de Castro (📍Padrón), CEIP de Arcediago (📍Santiso), Colexio Guillelme Brown (📍Pereiro de Aguiar), CEIP Frei Luís de Granada (📍Sarria), CEIP Canosa Rus (📍Coristanco), CEIP de Carballedo (📍Carballedo), CIFP Paseo das Pontes (📍A Coruña), CEIP Wenceslao Fernández Flórez (📍Cambre), CEE Panxón (📍Nigrán), CPI Arquitecto Palacios (📍Nigrán), EEII As Dunas (📍Nigrán), CEIP Ponte do Porto (📍Camariñas), CEIP Princesa Sofía (📍Verín), CEIP Oza dos Ríos (📍Oza dos Ríos), CEIP San Xoán Bautista (📍Cerdedo), CIFP A Granxa (📍Ponteareas), CEIP Lansbricae (📍San Amaro), CEIP A Lama (📍A Lama), CEIP Fermín Bouza Brey (📍Ponteareas), CEIP da Carrasqueira (📍Vigo), CEIP Cabada Vázquez (📍A Estrada), CEIP de Pumar-Urdilde (📍Rois), CPI José García García (📍Mende), CEIP Número 1 (📍Tui), CEIP da Pobra do Brollón (📍Pobra do Brollón), CPI de Xanceda (📍Mesía) e CEIP Flavia de 📍Padrón.

Un total aproximado de 7.800 usuarios e usuarias de comedor repartidos entre as 4 provincias galegas.


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario