Mariscos Sálvora é unha empresa dedicada á distribución de marisco fresco, cunha amplísima experiencia no sector. Apostan claramente pola calidade dos seus produtos de prestixio internacional. Un servizo rápido, próximo e de confianza.
Hai xa varias décadas aventuráronse na que sería unha longa andaina como empresa familiar. Xa entón, asentaron os alicerces da súa filosofía: calidade e innovación ao mellor prezo. Eses principios acompañáronnos, desde aqueles días, na súa carreira profesional.
A súa empresa familiar pronto puido ampliar as instalacións, grazas á adquisición das oficinas centrais e almacéns en Vilaxoan (Vilagarcía de Arousa). Pero nunca esqueceron as súas humildes orixes. De feito, soubéronas integrar para fomentar un espírito de boa convivencia no traballo e uns valores empresariais, todo iso vinculado a unha aposta permanente polas últimas tendencias.
Que venden? Mexillón das Rías Galegas; Ameixa de Carril e de Muros; Berberecho de Noia e da Ría de Arousa; Ameixón da Ría de Noia e da Ría de Arousa; Ostra plana de Galicia; Ostra rizada de Ribadeo. En tempada tamén teñen Ourizo, Percebe e calqueira marisco ou molusco da nosa terra.
Enderezo: Rúa Punta Preguntoiro 22, 36611 - Vilaxoán, Pontevedra
Teléfonos: 986501978 (Oficina)
Departamento de Compras: 659 999 522 (Joaquín Ferreiros Triñanes)
Departamento de Calidade: 659 999 521 (Carmen Figueira Triñanes)
Web: https://www.mariscosalvora.es/
E-mail: salvora@salvora.es
**O marisco non pode ser consumido directamente do mar. A necesidade de depurar nace do hábitat e tipo de alimentación que teñen, filtrando auga desde as bateas e enterrados na area das nosas rías, conseguindo así nutrientes pero contaminándose con diferentes produtos como bacterias, areas e tamén toxinas. Todos podemos comprender que un moluscos branco extraído da area ou calquera molusco bivalvo procedente dunha batea non son lugares suficientemente limpos para considerar que vale cun simple lavado superficial. É polo tanto necesario realizar un proceso de depurado filtrando aos moluscos cunha auga totalmente limpa, desinfectada e controlada para así conseguir que liberen parte da contaminación presente nos mesmos.
Polo tanto, para garantir que a contaminación microbiolóxica, tendo como referencia E. Coli e Salmonella, non causa ningún dano, é necesario adaptar o proceso de depuración á orixe do produto: así nalgúns casos pode ser suficiente con 12 horas de depuración e noutras infraestruturas ou con outros produtos poden ser necesarias 48 horas.
0 comments :
Publicar un comentario