O pasado 29 de maio, presentouse de xeito oficial, o Plan de acción mundial desenvolvido pola ONU, para o DECENIO DAS NACIÓNS UNIDAS PARA A AGRICULTURA FAMILIAR 2019-2028. Os dous días previos, fixéronse as derradeiras pesquisas consultivas sobre os indicadores a utilizar para monitorear o traballo da FAO durante os próximos dez anos, no que actores de todo o mundo puxeron de manifesto as problemáticas da súa realidade.
Slow Food Compostela tivo o privilexio de ser un dos actores consultivos convidados a esta reunión e puidemos contribuír ao seu lanzamento.
Este plan de acción que xurdiu logo de declararse o 2014 como o ano da agricultura familiar, supón unha aposta clara por parte da FAO para apoiar este tipo de agricultura que provee ás comunidades co 80% do alimento que se produce en todo o mundo.
Por que é tan importante o apoio a este tipo de agricultura? Porque a agricultura familiar supón o baluarte de conservación dos valores da agro ecoloxía, entendida como a sustentabilidade no sector agro alimentario, e tódalas implicacións socioeconómicas e culturais que conlevan a súa conservación.
Aínda que pensemos nas melloras de produtividade que a agricultura industrial supuxo desde a súa posta en práctica, a realidade é que producimos máis alimentos dos que precisamos para alimentar a todo o planeta. O problema é que desperdiciamos un terzo dos que están en bo estado, mentres que parte da poboación mundial vive en situación de mal nutrición e sen conseguir reducir as desigualdades sociais.
De feito, hoxe en día, a agricultura atópase nunha situación límite, na que se enfronta á presión de proporcionar alimentos suficientes, accesibles e nutritivos a unha poboación en crecemento, así como lidar co cambio climático e a degradación dos recursos naturais, en especial a escaseza de auga, o esgotamento do solo e a pérdida de biodiversidade.
Para alimentar a un mundo de forma sostible, é preciso un cambio urxente e radical nos nosos sistemas alimentarios. As medidas transformadoras soamente serán eficaces se abordan un complexo conxunto de obxectivos interconectados que abarcan dimensións económicas, sociais e medioambientais. Os agricultores familiares, en particular os pastores, pescadores, silvicultores e poboacións indíxenas, son cruciais nesta cuestión. Proporcionan a maior parte dos alimentos do mundo, son os principais inversores en agricultura e constitúen a columna vertebral da estrutura económica rural.
Os agricultores familiares teñen demostrado a súa capacidade de deseño de novas estratexias e de respostas innovadoras aos retos emerxentes de índole social, medioambiental e económica. Non producen só alimentos. Cumpren simultaneamente funcións medioambientais, sociais e culturais, e son gardiáns da biodiversidade, xa que na maioría dos casos levan a cabo a labor de seleccionar e conservar as variedades tradicionais coas que contamos e que sen as técnicas de cultivo que atesouran estarían perdidas nunha soa xeración, contribuíndo ademais á conservación do patrimonio cultural e paisaxístico.
Toda esta labor reforza o cumprimento dos ODS. Estes obxectivos que se promulgaron desde a ONU para mellorar o mundo, abarcan ámbitos económicos, sociais e ambientais e, a día de hoxe, constitúen as guías implementadas tanto desde as administracións públicas coma desde as iniciativas privadas.
Como afecta a agricultura familiar á consecucións dos ODS?
Os agricultores familiares pobres poden pasar da subsistencia á creación de oportunidades de xeración de ingresos nas zonas rurais.
As políticas de protección social e os medios de subsistencia resilientes, son cruciais para saír da trampa da pobreza e ofrecer oportunidades.
Os agricultores familiares poden implementar prácticas agrícolas resilientes e de alta produtividade que crean oportunidades de xeración de ingresos.
As políticas para mellorar o acceso aos recursos naturais, os insumos produtivos e servizos adaptados, desatan o seu potencial produtivo.
Os agricultores familiares e as súas organizacións, prestan servizos rurais inclusivos e contribúen ao desenvolvemento territorial.
É fundamental mellorar o acceso aos servicios básicos e desenvolver as capacidades nas zonas rurais para que os agricultores familiares sexan axentes do cambio.
As agricultoras son esenciais para lograr sistemas alimentarios sostibles, produtivos e inclusivos.
A igualdade de xénero, en términos de mellora do acceso das mulleres a recursos e tecnoloxías e ao aumento da súa participación na toma de decisións, é un paso clave para crear o mundo que queremos.
Os agricultores familiares propician sistemas alimentarios diversificados que poidan crear oportunidades de emprego nas zonas rurais e afectan positivamente á mobilidade rural-urbana, sobre todo para os xóvenes.
O acceso as infraestructuras, tecnoloxías e innovacions que satisfagan as súas necesidades, é o que precisan para mellorar o noso futuro en común.
Os agricultores familiares propician sistemas alimentarios que fortalecen a integración sostible entre as zonas urbanas e rurais.
Con solucións de mercado innovadoras, os habitantes de zonas rurales e urbanas poden gozar de alimentos sanos, nutritivos e seguros.
Os agricultores familiares poden contribuir a transformar os sistemas alimentarios para facelos máis sostibles.
As políticas deben favorecer aos agricultores familiares mediante a reducción do desperdicio alimentario e a xestión sostible e eficiente dos recursos naturais.
Os agricultores familiares poden promover sistemas alimentarios máis resilientes ao cambio climático.
Mellorar a capacidade dos agricultores familiares de adaptarse ás crisis vinculadas ao cambio climático. É imprescindible para liberar o seu potencial.
Os agricultores familiares poden preservar a biodiversidade, o medio ambiente e a cultura.
A protección do seu patrimonio cultural e natural é un aspecto central desta transformación.
O esforzo da capacidade dos agricultores familiares e as súas organización, permítelles prestar un mellor servizo ás súas comunidades.
O recoñecemento, a voz e o entorno propicio reforzarán o seu potencial como axentes do cambio.
Como se establece entón o plan de acción deselvolvido pola FAO?
Marcando sete pilares sobre os que se han de desenvolver os fundamentos a tratar para fomentar este tipo de agricultura.
Marcando sete pilares sobre os que se han de desenvolver os fundamentos a tratar para fomentar este tipo de agricultura.
Primeiro pilar.
Crear un entorno político propicio para fortalecer a agricultura familiar.
A creación dun entorno político, social e económico baseado no compromiso sólido e constante de tódolos actores relevantes, é o requisito previo para que os agricultores familiares poidan liderar a transformación cara un sistema alimentario e agrícola máis sostible, saludable e nutritivo.
O concepto de entorno propicio significa que existen recursos adecuados, así coma unha gobernanza e uns acordos institucionais eficaces e inclusivos. Os agricultores familiares e as súas organización, teñen que ter a oportunidade de participar plenamente nos mecanismos, plataformas e procesos normativos que abarquen múltiples sectores e actores, así coma actividades de promoción e concienciación.
Os procesos inclusivos, xunto cos compromisos reais e alianzas máis fortes, conducirán ó cambio das políticas sectoriais tradicionais a través dun conxunto complexo de estratexias e programas integrais específicos para cada contexto, que respalden adecuadamente aos agricultores familiares e ó seu carácter multidimensional.
Segundo pilar - Transversal.
Apoiar aos xóvenes e asegurar a sustentabilidade xeneracional da agricultura familiar.
A entrada dos xóvenes na agricultura está amplamente recoñecida como un factor clave para fomentar a agricultura e a produción de alimentos, así como a vitalidade das zonas rurais. Sen embargo, os xóvenes que aspiran a un futuro na agricultura enfróntanse a numerosas barreiras estructurais e institucionais. Co fin de garantir a sustentabilidade xeracional da agricultura, é fundamental promover mecanismos que faciliten a transferencia dos activos agrícolas tanxibles e intanxibles dunha xeración a outra. Incentivar ós mozos para dedicarse á agricultura, asegurará a innovación continua do sector, revitalizará as zonas rurais e levará á sociedade a reformular a percepción da agricultura como sector dinámico con capacidade de renovación constante.
Terceiro pilar - Transversal.
Promover a equidade de xénero na agricultura familiar e o papel de liderado das mulleres sen espazo.
As mulleres rurais son esenciais para erradicar a pobreza, alcanzar a fame cero e crear sistemas alimentarios sustentables, produtivos e inclusivos. Contribúen a iso co seu traballo e coñecemento das prácticas agrícolas e a biodiversidade. Así mesmo, cumpren unha función excepcional e crucial na xestión dos recursos naturais e na xeración de resiliencia dentro das súas familias e comunidades. A pesar da súa contribución, as agricultoras sofren con maior frecuencia unha falta de respecto aos seus dereitos humanos básicos e seguen figurando entre as persoas máis afectadas pola pobreza e a exclusión social. Esta «brecha de xénero» limita a capacidade das mulleres rurais de aproveitar novas oportunidades, e impídelles alcanzar o seu pleno potencial para contribuír á Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable.
Cuarto pilar.
Fortalecer as organizacións dos agricultores familiares e a súa capacidade para xerar coñecemento, representar aos seus membros e prestar servizos inclusivos no continuo urbano-rural.
Cando os agricultores familiares se organizan en redes, asociacións de agricultores, cooperativas agrícolas ou movementos sociais, tanto formais como informais, teñen máis opcións de mellorar a súa situación e lograr resultados mellores e máis duradeiros. As organizacións de agricultores familiares fortes e consolidadas poden contribuír a un cambio de políticas, vinculando as solucións locais aos obxectivos nacionais e mundiais e dando resposta a retos como o cambio climático. Estas organizacións actúan como catalizadores, axudando aos agricultores familiares a exercer os seus dereitos e mellorar o acceso aos recursos agrícolas, os servizos públicos, os mercados e as políticas. Polo tanto, resulta especialmente importante axudar ós agricultores familiares a desenvolver novas organizacións e reforzar as existentes, así como a aumentar as súas posibilidades de promover e articular novos servizos segundo os seus puntos de vista e as solicitudes dos membros.
Quinto pilar.
Mellorar a inclusión socioeconómica, a resiliencia e o benestar dos agricultores familiares e os fogares e comunidades rurais.
A agricultura familiar é a base da seguridade alimentaria e dos sistemas alimentarios saudables e sustentables; con todo, os agricultores familiares figuran entre as persoas máis afectadas pola pobreza e a vulnerabilidade, e enfróntanse aos maiores riscos económicos, financeiros, sociais e ambientais. Os agricultores familiares serán menos vulnerables se teñen acceso a servizos básicos, infraestruturas, sistemas de protección social, prácticas de produción diversificadas e mercados. Este acceso permitiralles superar limitacións estruturais e abordar os problemas que xurdan, así como pasar da vulnerabilidade da agricultura de subsistencia a unha posición social e económica máis segura, desde a que estean mellor posicionados para (re)investir nas súas explotacións, familias e comunidades.
Sexto pilar.
Promover a sustentabilidade da agricultura familiar para conseguir sistemas alimentarios resilientes ao cambio climático.
Hoxe en día, a produción e o consumo de alimentos pasaron de ser sistemas integrados desde o punto de vista cultural e social a estar desconectados das dimensións local, ecolóxica e social. Co fin de satisfacer as necesidades das xeracións presentes e futuras, é esencial acelerar a transición cara a sistemas alimentarios máis sustentables que poidan proporcionar oportunidades económicas e, ao mesmo tempo, protexer os ecosistemas e respectar a diversidade cultural e social dos territorios. Ao estar arraigados nas súas comunidades e comprender a ecoloxía autóctona, os agricultores familiares teñen un potencial único para impulsar esta transición. Están ben posicionados para ofrecer solucións contextualizadas, integrais e a longo prazo en favor de sistemas alimentarios sustentables.
Sétimo pilar.
Fortalecer a multidimensionalidade da agricultura familiar para lograr innovacións sociais que contribúan ao desenvolvemento territorial e a sistemas alimentarios que salvagarden a biodiversidade, o medio ambiente e a cultura.
Os agricultores familiares non só producen alimentos, senón que tamén proporcionan varios servizos e bens públicos á sociedade: aseguran a sustentabilidade dos ecosistemas agrícolas, a xestión da paisaxe e a transmisión de coñecementos local e tradicionalmente arraigados, o patrimonio cultural e os valores sociais. As súas prácticas de produción, consumo e reprodución social e cultural están fortemente integradas nas comunidades locais e territorios nos que os agricultores familiares interactúan, combinan, transforman e renovan os recursos ecolóxicos, económicos e sociais. O apoio a esta complexidade e multidimensionalidade dos agricultores familiares ten o potencial de promover o crecemento endóxeno e preservar a diversidade dos ecosistemas, os recursos xenéticos, a cultura e a vida.
A complexidade da xestión agrícola, como se pode ver vai moito mais aló da sustentabilidade ambiental, e de feito o lema de Slow Food recolle precisamente “Bo, limpo, xusto e para todos”, facendo fincapé na importancia de achegar unha alimentación sana e accesible para todos os actores da cadea. Dende os produtores aos restauradores, dende os comercializadores aos consumidores. Todos somos co-produtores e todos debemos apoir unha cadea xusta de produción.
Para rematar, quixera comentar as palabras que xurdiron nunha das nosas últimas reunións de traballo: “non ten sentido falar dun sistema sostible se non hai unha humanización da sustentabilidade”.
E neso estamos a traballar dende Slow Food, e máis concretamente dende Slow Food Compostela: en humanizar a sustentabilidade. Animádesvos a humanizala vós tamén? Unídevos ao cambio!
0 comments :
Publicar un comentario