Proporcionar unha alimentación saudable aos máis cativos, coa produción de gandeiros e agricultores locais, na procura do coidado do medio ambiente, son os principais obxectivos nun novo proxecto de Adercou, no que se levou alimentos KM 0 aos comedores escolares.
![]() |
Imaxe da presentación do proxecto |
Entre outras cousas, puxemos en contacto aos responsables do aprovisionamento dos centros escolares con produtores locais da súa área de influencia, incidindo na formación dos cociñeiros e das cociñeiras no uso de alimentos de tempada e proximidade, para proporcionar menús de calidade estimulando á súa vez a economía local; fixemos seminarios cos cativos e cativas sobre educación alimentaria; proporcionámoslle aos responsables de compras ferramentas de xestión para a realización dun escandallo para poder programar as compras; degustación de produtos locais; e por último, proporcionamos un asesoramento en seguridade alimentaria e nutrición.
Este proxecto, en colaboración co Inorde, púxose en marcha nos centros escolares do territorio do GDR11 Adercou: Amoeiro, Barbadás, Cartelle, Coles, Esgos, Gomesende, Merca (A), Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar (O), Peroxa (A), Ramirás, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Espadanedo.
Un paso máis na procura de fomentar hábitos saudables nos estudantes que dá continuidade a actividades de anos anteriores, como os hortos escolares que se crearon nos colexios, co coidado dos estudantes.
Esta intervención fíxose neste territorio nos anos 2021, 2022 e 2023. Como resultado da mesma, distinguírose como "Comedor Escolar KM 0" os seguintes centros escolares: CPI Antonio Faílde (Coles), CEIP Saco e Arce (Toén) e o CEIP Joaquina Gallego Jorreto (A Merca).
👉 Ler nova en el diario La Región
👉 Ler nova en La Voz de Galicia
👉 Ler nova en el diario La Región
👉 Ler nova en La Voz de Galicia
👉 Ler nova en creandotuprovincia.es
👉 Ler nova en thereasonbehind.es
0 comments :
Publicar un comentario