1500 convivium
en todo o mundo
Home » , » María José Tallón: "Queda moitísimo que facer no rural pero hai que poñelo en valor de maneira axeitada"

María José Tallón: "Queda moitísimo que facer no rural pero hai que poñelo en valor de maneira axeitada"

Esta horta ecolóxica situada en Cardigonde, na parroquia silledense de Cortegada, é, ademais, unha aposta clara pola transformación e a vangarda tecnolóxica, xa que tamén ofrece froitas e hortalizas deshidratadas procesadas nunha máquina pioneira en Galicia e que funciona con enerxía solar. Esta iniciativa xordeu da súa busca dun proceso de transformación do produto que lle permitira desestacionalizalo para vendelo durante todo o ano. Unha moi boa alternativa para ofrecer os seus produtos fora de tempada conservando as súas propiedades organolépticas e nutritivas.

Fonte: el español

María José Tallón é a impulsora de Trasdeza Natur e actualmente o seu marido, Rosendo Estévez, tamén lle bota unha man polas tardes na horta. 


- Como acabaches facendo isto?

Pois quedei sin traballo no ano 2014 e decidín usar os recursos familiares: a casa materna e unhas hortas anexas á mesma”.


- Por que apostar pola sustentabilidade e a economía circular?

É a nosa filosofía tanto como persoas como no modelo de negocio. É impensable hoxe en día comezar un negocio que non teña estes conceptos implícitos, é dicir, temos que enfocarnos no futuro cara a unha mellora do medio ambiente e o seu coidado posto que vemos os problemas que entrañan os modelos de negocio que se están desenvolvendo ata o de agora. Vemos o que o uso intensivo de fitosanitarios está a provocar polo que a nosa responsabilidade cando comezamos unha actividade económica é seguir un modelo diferente. Un pouco intentando correxir ese problema que está ahí ”.


- Recibiches un dos premios finalistas do programa TalentA 2021 nos que se premiaron a proxectos innovadores de emprendemento rural. Que che aportou a ti este premio? Aportouche algo?

“Pois si, curiosamente si. A nivel laboral, a organización preocúpase moitísimo en darlle difusión ás empresas que foron finalistas e premiadas, é dicir, están todo o día intentando darnos máis visibilidade, promocionar máis, apóiannos técnicamente no desenvolvemento do noso proxecto co cal tamén é unha aportación formativa. 

A nivel persoal de autoestima, de motivación. Ti estás esforzándote por facelo ben e están recoñecendo ese esforzó que ti estás facendo. Entonces é tamén unha motivación para nós moi importante”.


- E agora tamén estades seleccionados entre os 8 proxectos pola Red Rural Nacional para os premios de “Inspiración Rural” 2021 que convoca a Rede Europea de Desarrollo Rural. É correcto?

A finais de marzo saiu a resolución. Tiñan máis de 120 candidaturas procedentes dos 22 estados membro.  Había 5 categorías e seleccionaban 2 proxectos en cada unha delas”.


- Queredes subir máis peldaños no tema do deshidratado? Queredes abarcar máis mercado? Como é a vosa ambición neste senso?

Non somos ambiciosos porque pensamos que temos que ir paso a paso i escalón a escalón. O mercado vainos marcando un pouco os pasos que temos que ir dando e o que queremos é afianzarnos neste segmento e ir medrando. Queremos manter a filosofía Km 0, queremos seguir sendo locais. 

Que nalgún momento ese escalón que vemos tan alto chega? Pois non descartamos nunca nada. Pero a filosofía non é esa. Cando chegaremos alá? Cando haxa unha loxística sostible e racional. Si un produto cando saia daquí vai a percorrer  antes 5-6 naves, non o vexo, e pensó que nin ela nin eu o queremos. Non se sabe o que nos deparará o futuro. A día de hoxe queremos garantir unha trazabilidade total, ir educando á xente e a formación. Porque a xente se volva a re-educar na alimentación, nos produtos e que aprendan que comer”. 


- Que produtos frescos tedes na vosa horta? Que vendedes?

Temos pouca cantidade pero moita variedade: tomates, pementos, cebola, allo, coles (col rizada, col lombarda, coliflor), brécol, repolo, xudías, faba, guisante, cenoria, puerro, fresas, acelgas.

De variedades autóctonas: tomate negro de Santiago, Avoa de Osedo, tomate Apementado, tomate José Luís, pemento Morrón de Baixo Miño, cebola de Betanzos…"


- Quen é o voso principal comprador? A quen lle vendedes?

Vendemos no mercado local, dúas tendas (unha en Lalín e outra en Silleda), aquí na horta, a particulares e tamén na nosa web, a través da cal vendemos á Comarca do Deza soamente


- Notáchedes un incremento de vendas despois do premio?

Si, si que o notamos. Agora chámanos xente de toda España preguntando polos nosos produtos. Grazas a este premio parece que imos posicionando a nosa imaxe de marca”.


- Credes que a administración ten que crear máis infraestrutura no rural?

Intenet por favor. Hai xente que di que si o rural xa o convertimos tamén na cidade. Hai que saber integrar o progreso e a tecnoloxía para que o rural se desenvolva tamén pero sostiblemente. Non volver a replicar no rural o modelo urbano, pero si volver a vivir do rural e no rural pero con progreso, adaptándonos aos novos tempos e incorporando a tecnoloxía para mellorar os procesos. Queda moitísimo que facer no rural e moitísimas oportunidades pero hai que poñelo en valor de maneira axeitada”.


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario