Juan Ramón Sanjurjo Martínez é unha explotacion familiar que se adica a horta. Emprega o nome comercial de “Verxel Galego”, nome debido a que está situada no concello de Coristanco, lugar coñecido como verxel de Bergantiños. É ademais o presidente de 𝗔𝗣𝗥𝗢𝗣𝗔𝗖𝗢, Asociación de Produtores de Pataca de Coristanco.
Maioritariamente adícanse á pataca aínda que tamén cultivan moitos produtos, como fabas, cebolas, nabizas e grelos.... Ademais posúen un invernadoiro de 1000 metros cadrados nos que plantan, entre outras cousas, tomate negro de Santiago, pemento celta e morrón.
Sempre están dispostos a probar novos produtos e por iso este ano plantaron batata e cacahuete. Gústalles dicir que practican agricultura integrada, é dicir, levan a cabo un control de plagas biolóxico, e só cando a plaga non se pode remediar desta forma, usan fitosanitarios.
O destino da sua produción é variado: colexios, restaurantes e particulares. Fan reparto a domicilio en toda a provincia e con servizo de paquetería no resto de España.
0 comments :
Publicar un comentario