1500 convivium
en todo o mundo

Pitagudín

Rubén Jordedo e a súa familia son Pitagudín. Pretenden dar valor e achegar o rural a toda esa xente que non pode gozalo de xeito tan directo coma eles que o poden facer día a día. Queren que o consigan tamén cando consumen o seu produto.

"Todos temos na nosa memoria os oviños que nos facía a nosa avoa con tanto agarimo e mimo e tamén o coidado e respeto aos animais que sempre había na casa e tamén á natureza coas suas propias colleitas"

Na avicultura artesanal están moi limitados en cantidades, unhas 50 galiñas poñedoras e 50 reproductoras. As razas que aquí coidan son exclusivamente galegas: raza autóctona Galiña de Mos e Galiña Piñeira. Non se entendería o proxecto doutro xeito. Queren manterse ao marxe das extirpes industriais baseadas soamente na posta e nun crecemento rápido, xa que pretenden xustamente todo o contrario.


O seu traballo non poden velo e sobre todo sentilo doutro xeito que non sexa a finalidade de recuperar algo que estaba prácticamente perdido e así, sentirse dobremente agradecido. As explotacións baseadas neste criterio, teñen dobre mérito: conseguir un axuste entre a propia economía e o goce e desfrute polo que fas.

"É todo un reto intentar conseguir que a xente diferencie un ovo de raza galega sumado a todo o que iso conleva. Estamos rodeados das grandes industrias, con miles de animais pensados exclusivamente nun beneficio máximo no menos tempo posible, con razas escollidas únicamente para iso"

Eles traballan con razas en perigo de extinción e galegas, contribuíndo así á recuperación das nosas tradicións e mantendo vivo o xeito de facer as cousas dos nosos ancestros.

Fan reparto directo á casa do cliente, algo que lles gusta moito xa que saben directamente de primeira man as súas opinións, tanto as cousas a mellorar coma se teñen que cambiar algunha cousiña por mínima que sexa.

A esencia de Pitagudín é chegar a facer algo grande con algo moi pequeniño, valorando sempre o autóctono, tendo en conta que cos propios recursos que che ofrece a túa propia terra, conservando as boas maneiras xunto co bo facer que lles inculcaron os seus avós, pódese conseguir algo que achegue ao consumidor aos sabores de antes.


"Sabores que que non só se refiren ao que poida un apreciar directamente no seu padal, senón tamén a uns sentimentos, a unhas tradicións, a un respecto polo medio, a un plan de recuperación das razas en perigo de extinción galegas, todo ese legado que nos deixaron e non podemos deixar morrer xa que é algo moi noso que nos identifica culturalmente".

Cando consumes un dos seus ovos estás apoiando todo isto e tamén un xeito de cría pensado exclusivamente no benestar do animal en se empregan parcelas rexenerativas en rotación para que sempre dispoñan de espazos verdes e ao mesmo tempo aproveitamento dos propios residuos da granxa. 

Toda unha filosofía e un xeito de vida!!


Contacto:

Pitagudín Avicultura Artesanal

 Lugar de Penagudín 2, San Pedro de Losón, Vila de Cruces, 

Pontevedra España - 36598

 Teléfono: 662 255 697  

E-mail: granxapitagudin@gmail.com

Instagram: https://www.instagram.com/pitagudin/?hl=es


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario