Granxa ALire é un proxecto familiar que abarca o amor pola avicultura e a natureza. Esta pequena granxa artesanal atópase no concello de Barro, en Pontevedra. Nela críanse razas autóctonas, algunhas delas en perigo de extinción.
Os animais gozan de total liberdade e comen o que atopan no campo, complementado con cereais de semente enteira. En que se diferenza das granxas convencionais? As galiñas de ALire son razas rústicas de pouca produción pero de grande resistencia, o cal lles permite unha crianza "silvestre". Son aves capaces de resistir nunha contorna totalmente natural porque as súas condicións xenéticas lles permiten proporcionarse elas mesmas o seu alimento. Grazas a todos estes matices, ofrécennos ovos de sabor intenso de distintas cores de xema debido á estacionalidade de pastos, semenbes e invertebrados.
Os seus produtos son principalmente ovos e pitos de pasto aínda que en Nadal aumentan a súa oferta con capóns e pulardas.
Esta explotación artesanal nace dun soño que con moito traballo faise realidade. Fernando, un enfermeiro natural da Palma, chega a Pontevedra despois de moitos anos vivindo en Madrid. Ao segundo día, aínda sen instalarse, merca 10 galiñas e ahí comeza a idear o que hoxe é este bonito proxecto.
Contacto:
0 comments :
Publicar un comentario