1500 convivium
en todo o mundo

Pazo Quinteiro da Cruz

Pazo Quinteiro da Cruz, como bo representante dos espazos singulares de autoconsumo que noutrora foron os pazos galegos, é unha propiedade que máis alá do seu patrimonio cultural alberga unha produción de mel natural, viño Albariño con D.O. Rías  Baixas, 100% monovarietal, e a primeira produción de té de España, onde se elabora té verde, branco e de poda, procesado artesanalmente, segundo o método tradicional chino. 

Todo iso dentro dun xardín de Excelencia Internacional da Camelia, nomeamento concedido pola ICS International Camellia Society, o que confire a todos os seus produtos un aroma e sabor a flores e froitas únicos. Beatriz Piñeiro Lago é a encargada de recolectar e elaborar artesanalmente o té de Camellia sinensis. Dende hoxe, é tamén socia de Slow Food Compostela e novo membro da nosa rede.



Produtos: 
Albariño D.O. Rías Baixas, Mel de Camelias, Té verde, Cosmética 100% natural 
(enoterapia e camelia)


Dende o 5 de xullo de 2022, teñen o selo de "Artesanía Alimentaria de Galicia" para a elaboración do seu Té, outorgado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), e promovido para diferenciar as producións do campo e do mar que se elaboran de maneira tradicional, así como para protexer os seus produtores.



Contacto:
Teléfonos: (+34) 619 110 806
(+34) 635 592 215
E-mail: info@pazoquinteirodacruz.es



SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario