1500 convivium
en todo o mundo
Home » , » Miguel Negreira Rabuñal

Miguel Negreira Rabuñal

Miguel Negreira Rabuñal é unha explotación agrícola familiar, que se dedica ó cultivo de pataca de Coristanco. As súas parcelas atópanse no Lugar de Nogueira, en Coristanco. Ademais, teñen unha agropecuaria, Agropecuaria Nela, onde comercializan o seu produto. 

O nome de Coristanco, está asociado dende fai moitos anos ó cultivo da pataca, de feito son uns produtores familiares que recordan dende sempre o cultivo de pataca na súa casa, en maior ou menor produción, pero sempre foi algo que se fixo.

As novas xeracións queren seguir coa tradición familiar 😊

Este produto, que raramente falta en calquer prato galego, encontra nesta comarca, e en particular na terra de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. O cultivo realizáse en secano, sen regadío, o que diminúe a produción, pero aumenta a calidade e o valor nutricional do produto. Realizan, na medida do posible, rotación de cultivos para evitar enfermidades. Sembran sobre o mes de abril e recollen en agosto-setembro, sempre manualmente. 





A diversificación é tamén unha forma distinta de dar a coñecer o produto e desestacionalizar a produción, e por iso, dende Agropecuaria Nela, lanzaron a súa propia liña de licores: vodka, xenebra, licor café, licor de herbas e cervexa ecolóxica, todo elaborado coa súa pataca de Coristanco.


Contacto:
Miguel Negreira Rabuñal
Lugar: Nogueira Nº13A - 15147 - Coristanco
620 405 335 Móbil
981 733 294 Telf. 2
E-mail: info@agropecuarianela.com 
👉 Envían pedidos a toda España
Variedades que cultiva: Kennebec e Fina de Carballo



SHARE

About Leo

2 comments :

  1. Espero q nadie tenga la mala suerte q tuve yo, puesto q de tres bolsas de patatas solo aproveché una un fraude total todas cortadas y con manchas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estas cousas poden pasar, pero sempre se poden comentar ao produtor porque de seguro que non vai ter reparo ningún en solucionalo :)

      Eliminar