Xeadería xearte Brigitte nace do soño dunha emprendedora. O que un día empezou como unha pequena parcela de traballo, a día de hoxe converteuse na súa paixón polo xeado e por descubrir todo un mundo de sensacións de sabores.
Son xeados artesanais elaborados na súa propia tenda e coidando todos os detalles, desde unha selección máxima de cada uns das materias primas ata o proceso de elaboración.
Pero... como xurdeu xearte Brigitte? "Pois naceu da idea de querer emprender algo que en Compostela non había, e que eu xa coñecía posto que traballaba para unha empresa na elaboración de xeados. Digamos que me enganchou moitísimo a idea da xeadería, porque é un mundo moi creativo donde non hai límites. Moitos compañeiros e moitos hostaleiros me pedían cousas novas, si eu lle podía facer. E un pouco xurdiu dahí, de poder dar resposta a unha demanda a algo que nese momento non existía. Comecei en xuño de 2014, si ao principio con moito medo, porque era algo novedoso en Santiago, non había nada, pero si con moita ilusión e moitas gañas de sacalo adiante".
Por que optaches por provedores de proximidade? Por provedores galegos? "Sempre o tiven moi moi claro. Aprendín a valorar moito o produto que facemos aquí. Si unha das cousas que me atopei mentres vivín fóra de Galicia é que sabemos que aquí facemos un produto moi bo pero non sabemos nin aprecialo nin vendelo. Entón foi algo que me quedou como unha ensinanza moi clara de dicir, o noso produto é moito mellor que moitos produtos que hai por ahí pero o problema é que non sabemos defendelo. Entón sempre tiven moi claro que quería defender o produto da miña terra por enriba de todo. A parte de que sempre me gustou moito o produto bo e que se o podo conseguir aquí o mesmo produto coa mesma calidade, prefiro pagalo un pouco máis aquí que traelo de fóra. E esta sempre é unha premisa que teño á hora de mercar a materia prima".
Contacto:
Enderezo: Rúa de San Pedro 70
E-mail: info@xeartebrigitte.com ·
Teléfono: 981 973 169
Web: xeartebrigitte.com
0 comments :
Publicar un comentario