1500 convivium
en todo o mundo

Casa Donicio

Son dous mozos gandeiros que forman unha gandería familiar afincada en Arzúa. Dedícanse ao coidado e á crianza de cabras, ovellas e vacas, cun alto potencial xenético. As cabras que teñen son de raza Saanen, unha raza leiteira orixinaria de Suiza, de cor branca e o seu leite é ideal para o consumo de leite fresco, iogures, queixos frescos, etc... As ovellas son Lacaune frances, unha ovella rústica con moi boas calidades leiteiras, e unha recoñecida calidade na produción cárnica. E por último, as vacas que teñen son de dúas razas: unha cárnica, a Limousin, caracterizada polo seu rendemento e a súa boa calidade cárnica; e a outra, con aptitudes leiteiras, a Fleckvieh, raza de dobre propósito.

Dispoñen de tres localizacións: unha para as cabras e ovellas, onde teñen a súa casa e a queixería; outra co gando bovino de carne; e as fleckvieh téñenas noutra localización onde están sempre fóra, pastando.


As ovellas e as cabras saen a pastar sempre que o tempo permítao, pasando a maior parte do inverno estabuladas. A forraxe que usan é herba seca, colleitada das súas leiras na época de verán, leiras que se abonan co seu esterco, creando así unha autosuficiencia. Os cordeiros e cabritos son alimentados con leite materno e comercialízanos á restauración, carnicerías e particulares como lechales.


Muxen só unha vez ao día e fano polas mañás para obter leite recentemente muxido para a elaboración dos queixos. O seu leite non pasa polo tanque de refrixeración xa que ao finalizar o muxido transpórtase á queixería onde se elabora no momento. A súa filosofía é facer as cousas ben feitas, como se facían antes, tradicionalmente, creando así un sabor e unha textura única.


A queixería esta situada parte dela dentro da terra, creando dúas covas con paredes naturais que achegan a temperatura e humidade necesaria para a maduración dos queixos de forma natural. As cortizas de todos os seus queixos son comestibles pois teñen mofos naturais.



OS SEUS QUEIXOS

Meniña

Queixo láctico elaborado con leite cru de pastoreo, das nosas cabras Saanen. Formato cilíndrico duns 150g de peso. Cortiza enmohecida con desenvolvemento de Geotrichum e Penicillum candidum, corte cego de cor branca brillante, con textura moi cremosa, adherente ao padal e boa solubilidade en boca.

Sabor algo acedo de elevada intensidade e persistencia con aromas de animal (leite cabra), notas de iogur.


Curuxa

Queixo de pasta branda elaborada con leite cru de pastoreo, de ovellas Lacaune. Formato cilíndrico duns 300g de peso. Cortiza enmohecida con desenvolvemento de Penicillum candidum, corte cego de cor branca mate, con textura branda, cremosa e moi soluble.

Sabor lixeiramente acedo, con aromas de animal, elevada persistencia en padal (leite ovella), para os amantes do queixo.


Meiga

Queixo prensado, madurado, de leite cru de pastoreo, cabras Saanen. Formato cilíndrico duns 500g de peso. Cortiza natural de cor gris-parda, debido ao desenvolvemento natural de mofos na adega de maduración natural. Ao corte pode presentar algún ollo mecánico de pequeno tamaño cunha cor branca intensa da pasta.

Textura firme, cremosa e adherente ao padal cunha granulosidad fina, elevada intensidade de aroma limpo de leite de cabra e notas de terra mollada.



Cruzeiro

Queixo prensado, madurado, de leite cru de pastoreo, ovella Lacaune. Formato cilíndrico duns 500g de peso. Cortiza natural de cor gris-parda, debido ao desenvolvemento natural de mofos na adega de maduración natural. Ao corte pode presentar algún ollo mecánico de pequeno tamaño cunha cor branca óso da pasta. Textura firme, de certa cremosidad e granulosidad baixa. Sabor complexo, con elevada intensidade de aroma limpo de animal ovella, recordos de froitos secos e notas de terra mollada. Persistente e postgusto animal con lixeiras notas picantes nos de mais longa maduración.



Amarelo

Queixo prensado, madurado, de leite cru de pastoreo de vaca Fleckvieh. Formato cilíndrico duns 500g de peso. Cortiza natural, fina e continua, de cor amarela alaranxada, en ocasións pode aparecer unha lixeira capa de Penicillum candidum de cor branca non uniforme. Ao corte pode presentar algún ollo fermentativo e a pasta presenta unha atractiva cor amarela pajizo, como o seu nome indica.

Textura firme, de certa cremosidad e bastante soluble. Sabor complexo e redondo, con notas doces e elevada intensidade de aromas animal limpo vaca, manteiga e recordos de noz. Bastante persistente en boca, convida a seguir comendo.


Contacto:


Sixto 1, Parroquia Pantiñobre
C.P. 15819 Arzúa (A Coruña)

☏  607 02 58 28 | ✉ info@casadonicio.com

Web: casadonicio.com



SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario