1500 convivium
en todo o mundo
Home » , » Biodiversidade Vexetal de Galicia - Parte I

Biodiversidade Vexetal de Galicia - Parte I

Dende os inicios de Slow Food, a defensa da biodiversidade está no corazón de tódalas súas estratexias. O movemento leva máis de vinte anos traballando en salvagardar a biodiversidade agrícola ao apoiar comunidades locais, produtores e a promoción educativa en varios ámbitos (en escolas, en mercados e en eventos).


En Galicia non hai ningúen que saiba máis sobre este tema que o 
CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo) ou MBG (Misión Biolóxica de Galicia) institucións coas que temos o pracer e o privilexio de colaborar.

------------------ PATACAS --------------------

Non hai terra máis “pataqueira” que a nosa, así que decidimos indagar cobre a nosa querida e apreciada pataca. Neste caso preguntámolle a Alfredo Taboada, do CIAM o cal nos dixo que en Galicia, as tres variedades autóctonas que existen son a “Ganade”, da zona da Limia, a “Cazona”, da zona da Terra Chá e a Fina de Carballo. Na IXP Pataca de Galicia está amparada a Fina. As outras dúas non están incluidas. Non se atopa moita información por ahí das dúas primeiras. Están prácticamente desaparecidas aínda que hai xente que a cultiva. 


------------------ PEMENTOS ------------------

O comezo do cultivo do pemento en Galicia data do século XVII. A súa adaptación ao clima e ao solo foi rápida, e o seu cultivo estendeuse durante o século XVIII, e dende entón considerouse habitual na dieta como hortaliza. O sistema de cultivo faise tanto baixo cuberta como ao aire libre. As diferentes variedades adáptanse perfectamente aos dous sistemas, aínda que algunhas son tradicionalmente cultivadas ao aire libre nas súas zonas de orixe.

O 75% da produción son pementos autóctonos e o resto, variedades de fóra, normalmente híbridos comerciais, sendo a variedade máis cultivada e estendida o pemento de Padrón. Normalmente, as variedades cultívanse nas súas zonas de orixe, pero algunhas están estendidas máis amplamente pola xeografía galega. As comarcas que máis destacan no cultivo de pementos autóctonos, tanto pola produción como pola superficie, son a de Ferrolterra e O Sar na Coruña, O Baixo Miño e O Salnés en Pontevedra, O Ribeiro e Verín en Ourense e a comarca de Lugo e a Mariña Oriental en Lugo.




----------------- TOMATES ------------------

A estandarización na comercialización de produtos hortícolas, provoca que os agricultores empreguen sementes híbridas de variedades comerciais que cumpren os requisitos do mercado (tamaño, forma e cor) e que ademais ofrecen maiores producións. O emprego de cultivares tradicionais vese por iso relegado a hortos familiares, cada día máis escasos, o que provoca a perda de material xenético que é necesario conservar.

As variedades tradicionais representan unha alternativa de cultivo importante fronte ás comerciais, polas súas características de adaptación ao medio, a resistencia a enfermidades, a calidade organoléptica e a demanda polos consumidores.



------------------ CASTAÑAS ------------------

Os soutos ou castiñeiras estendéronse considerablemente durante todo o período de romanización, o que supuxo unha modificación a unha escala bastante considerable do que por aquel entón era a paisaxe galega. 

En Galicia o castiñeiro experimentou unha forte expansión nos séculos  XVI e  XVII, dando orixe á aparición de numerosas variedades autóctonas, que polo xeral tiñan en común unha maior adaptación aos ambientes de montaña e a súa vocación mixta para froito e madeira, que era algo bastante frecuente nas variedades daquela época. A partir do século  XVII as castañas comercialízanse a través dunha rede de mercados e feiras, que se estende por toda Europa.

O declive do castiñeiro de froito coincidiu coa masificación do cultivo da pataca e do millo, que en Galicia ocorreu durante o século  XIX. A partir de aí, a castaña vai perdendo paulatinamente o seu protagonismo na dieta




------------------ MAZÁS ------------------

Algunhas variedades representativas de Galicia son a Anisete, tamén coñecida como "De Santiago", "Peros de canela" ou "Agostina"; Arriscada; Blanca cerosa; Camoesa; Coiro de Sapo; Coruñesa; de Cera, tamén coñecida como "de Newton"; Grande plana estriada; Grande plana verde; Mingan, tamén coñecida como "Pero de Mingaño" ou "Pero Mingan" (extendida por Coruña e Lugo); Morena; Morro de Lebre; Ollo Mouro (zona de Ortigueira); de Peruco, ou "Repinaldo roxo"; Príncipe, ou "Mazá de ollo" ou "Asturiana" (zona de Ferrolterra); Príncipe Grande (Pontedeume); Reineta de Guardar (Ferrolterra); Reineta Rayada (Ferrolterra); Repinaldo; Repinaldo de Cedo; Roxelia, ou "Sta. Filomena" (Costa coruñesa e lucense); Sangre de Toro; Tabardilla I; Tabardilla II; Toca Pandeiro (orixinaria do Salnés); Tres en Cunca, ou "Cacharela"ou "de inverno"; Xosé Antón.

Fonte: Viveiro O Pomariño



------------------ PERAS ------------------

Algunhas variedades representativas das peras autóctonas galegas son a Barburiñade CampanaCodorno; Pera de CollónEsganacánFidalgaPeros de GalegosManteiga de Galicia; Manteiga de OuroManteiga RedondaManteiga VerdePeruco MigalleiroMigueliñaPera MillarengaPinguelaPera PrimaRabuda de Cedo; de Sandíado Santiago; Tenreira; Urraca Francesa; Urraca Lexítima; Urraca Verde; Urraca de Xermade; Vilasuso de Tarde; pera de San Xoán; pera de Zoncho.




---------- CEREIXAS E AMEIXAS ----------

Algunhas variedades representativas de cereixas autóctonas de Galicia son: Albariña, Coruñesa, Maroubiña, Molariña de Pielas, Negra Coruña, Negra do San Cristobo, Oveira, Pepe García, De Pico, De Viño e de Rabo Curto.

Algunhas das variedades autóctonas máis representativas de ameixa son: Ameixa de Arillo, Ameixa Blanca do País, Ameixa de Castelo, Ameixa do Santiago, Ameixa Negra do País, Cirigüella, Collón de Frade e Collón de Frade Negro.




------------------ MILLO ------------------

A primeira referencia do seu cultivo en Galicia data de 1610, na zona do Barbanza. Impulsado polos campesiños, o millo transformou a paisaxe agraria e o sistema alimentario das aldeas nas que se xeneralizou, a pesar do seu escaso aprecio social.

Ca introdución nos anos 70 de variedades híbridas, con rendementos máis elevados, foise abandonando o cultivo de variedades do país, poñendo en perigo a súa supervivencia. Na actualidade, o CIAM conta cunha colección de 696 variedades autóctonas de millo recollidas na zona húmida de España (noroeste peninsular), das que 530 proceden de Galicia, 87 de Asturias, 52 de Euskadi e 24 de Cantabria.



De entre todas elas, só existen 5 variedades de conservación incluídas no rexistro de variedades comerciais:

Bibei (sin. Viana) (BOE de 30 de noviembre de 2009)




------------------ TRIGO ------------------

Na zona de Xinzo, hai un trigo que lle chamaban Tremesino. Recibe este nome porque se cultiva en tres meses: plántase na primavera e recóllese no verán.

O Pan Galego da IXP recentemente aprobada, deberá de levar polo menos un 25 % de trigo autóctono das dúas especies homologadas: Callobre e Caveeiro.

Trigo Callobre



------------------ GRELOS ------------------

O grelo é un produto moi arraigado na cultura gastronómica de Galicia. O seu cultivo adáptase  á perfección ao clima frío e húmido de Galicia. Forma parte do ADN galego, é un produto básico na dieta e tamén na horta autóctona.

Os auténticos Grelos de Galicia, defínense como a parte vexetal procedente de plantas da especie Brassica rapa L. var. rapa, comunmente coñecida como Nabo, concretamente duns ecotipos da zona chamados de Santiago e Lugo, así como das variedades comerciais rexistradas «Grelos de Santiago» e «Globo blanco de Lugo», ámbalas dúas dentro da IXP Grelos de Galicia

Grelos de Santiago



------------------ REPOLO ------------------

Hai 7 variedades galegas de repolo conservadas no CIAM: Betanzos (Leiro-Miño-A Coruña), Betanzos Rizado (Betanzos-A Coruña), Bueu (Portela-Bueu-Pontevedra), Poio (Lourido-Poio-Pontevedra), Laxe (Traba-Laxe-A Coruña), Narón (San Mateo-Narón-A Coruña), Lugo (Galegos-Láncara-Lugo).

O "Repolo de Betanzos" é máis doce e tenro que as outras variedades, pero ten as mesmas propiedades que o resto.




 ------------------ CEBOLAS ------------------

Existen 17 variedades galegas de cebola conservadas no CIAM: A Guarda (A Guarda-Pontevedra), Ameixenda (Ameixenda-Cee-A Coruña), Arcade (Soutomaior-Pontevedra), Baldaio (Baldaio-Tordoia-A Coruña), Betanzos (Betanzos-A Coruña), Bordóns (Bordóns-Sanxenxo-Pontevedra), Caldas (Caldas de Reis-Pontevedra), Cea (Cea-Ourense), Chata de Miño (Leiro-Miño-A Coruña), Mondoñedo (Mondoñedo-Lugo), Oímbra (Oímbra-Ourense), Outes (Serra de Outes-A Coruña), Paderne (Souto-Paderne-A Coruña), Ponteareas (Ponteareas-Pontevedra), Ribadeo (Ribadeo-Lugo), San Julián (San Julián de Veiga-A Pobra de Brollón-Lugo), Vilagarcía (Vilagarcía-Pontevedra).


Deste listado, teñen semente de todas no banco de xermoplasma, excepto da de Arcade.



------------------ ACEITUNAS ------------------

Galicia tamén ten oliveiras. Dispersos na súa paisaxe emerxen miles de exemplares, moitos deles centenarios, esquecidos durante séculos, que agora comezan a recuperarse. De orixe galega só están recoñecidas oficialmente as variedades Brava Galega e Mansa Galega, pero o traballo en campo permitiu a MBG (Misión Biolóxica de Galicia) identificar outras 19, moitas delas localizadas tan só en zonas específicas da nosa comunidade.

Fonte: La Voz de Galicia



Continuará...


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario