1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Terra Madre Salone del Gusto 2018

Terra Madre Salone del Gusto 2018

O Terra Madre Salone del Gusto é un evento anual organizado pola organización internacional Slow  Food, a Cidade de  Turín, e unha serie de institucións italianas que, no seu xa once edicións celebradas, converteuse nun dos eventos internacionais máis importantes dedicados á cultura da alimentación.


A duodécima edición do Salón, que se celebrou do 20 ao 24 de setembro pasado, reuneu en Turín (Italia) a 5.000 delegados de 160 países e a máis de 800 expositores, 300 Baluartes Slow Food e 500 Comunidades do Alimento da rede de Terra Madre.

Houbo cinco grandes áreas que estiveron dedicadas, cada unha delas, a un tema importante sobre o que  Slow  Food interveu con actividades, campañas, proxectos que se levan a cabo por todo o mundo grazas á súa rede de socios e activistas: Slow  Meat, Slow  Fish, Sementes, Alimentación e Saúde, Abellas e Insectos.


Este ano, representando a Slow Food Compostela, foron Rocío García Carregal, a nosa secretaria, e Pablo Viñas, o noso Chef Corporativo. Unha das nosas aportacións a este evento foi un prato que contiña produtos pertencentes á Arca del Gusto de Galicia: Millo Corvo, Requeixo e Porco Celta. Ademais non podían faltar os nosos famosos Pementos de Herbón. Podemos dicir orgullosos que foi a tapa máis vendida desta edición, así que Galicia triunfa unha vez máis fora das nosas fronteiras.



SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario