1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Terra Madre Day Galicia 2018

Terra Madre Day Galicia 2018

O Terra Madre Day é un dos acontecementos colectivos de Slow Food máis importantes organizados a nivel mundial para celebrar a comida local.

Cada 10 de Decembro, miles de persoas organizan eventos para celebrar a comida boa, limpa, xusta e sa: boa para o padal, limpa para os seres humanos, os animais e a natureza e xusta e sa para os produtores e os consumidores.


O TMDG2018 celebrouse no primeiro restaurante recoñecido coma Km 0: o Next Door, na Coruña. O establecemento de Pablo Viñas non ten carta fixa xa que planifica os seus pratos do día en función do produto de tempada que lle chega esa mesma mañá. Este ano case 100 persoas se achegaron a celebrar este evento connosco.


Este ano colaboraron tamén varios dos nosos asociados: Agropecuaria Nela, Shii Natural, o Chef do Restaurante Kratos (Brión), Asoporcel, Verde Cúbico, Tres Fuciños - Cooperativa de pequenos/as criadores/as de porco celta, Jamones González, Casa do Carracedo, Orballo, Granja Campomayor, Queixos Casa Grande De Paderne e Sanbrandan. Graciñas a tod@s pola vosa aportación ao Terra Madre Day Galicia 2018 porque sin vós non sería posible.


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario