1500 convivium
en todo o mundo
Home » » D.O.D. Celtas da Ulloa

D.O.D. Celtas da Ulloa

D.O.D. Celtas da Ulloa é unha sociedade cooperativa creada por tres xóvenes de Monterroso (Lugo), que se adica á cría de leitón de porco celta, raza autóctona galega. Eles son Diego Pena, Diego Gómez e Óscar Mosquera, tres amigos aos cales une, entre outras cousas, o seu amor polo rural e os animais. 

Os seus animais son criados en liberdade e con produtos naturais, colleitados todos nas súas leiras, é dicir, cultivados por eles. Malia que a súa alimentación é o leite materno, comparten algo das landras, verzas, nabos, cabazas e mesmo do silo que comen as nais. A súa prioridade é o benestar dos  animais, sempre intentando que se encontren nas mellores condicións.

Na actualidade adicánse á cria e venda de leitón de porco celta, ou como a eles lles gusta chamarlle, Leitón Celta. O seu produto vendéno directamente a restaurantes e a particulares, tanto enteiro como despezado.

Todos os animais levan o logotipo 100% raza autóctona, garantizando así a súa trazabilidade e autenticidade.


Contacto:

Monterroso | Lugo

☏ 620 44 94 54 ✉ d.o.d.celtasdaulloa@gmail.com

Web: porcoceltadaulloa.gal

👉 Instagram 👈

👉 Facebook  👈


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario