1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Leira da Rega

Leira da Rega

Trátase dunha explotación agrícola familiar afincada en Rus, no concello de Carballo. Adícase á producción de pataca, concretamente da variedade Kennebec. Esta variedade é a que se cultiva maioritariamente na comarca de Bergantiños, e é a que lle deu á pataca de Bergantiños o recoñecemento co que actualmente conta dentro da nosa comunidade. 


Detrás de Leira da Rega está Leonardo Rodríguez Fraga, un apaixoado do rural e da vida no campo, que está dende fai anos inscrito na IXP Pataca de Galicia.


Toda a producción de Leira da Rega é recollida e seleccionada a man, a fin de golpear o menos posible os tubérculos, e permitindo así que chegue á nosa mesa unha pataca coa máis alta calidade. 

A conservación da colleita faise tamén de xeito totalmente natural, sen empregar cámaras de frío nin tratamentos antixerminativos.


Contacto:

Leonardo Rodríguez
Lg. Arganosa, 5, Rus, 15109 – Carballo, A Coruña
☏ 630 147 003 | ✉ rfleo@hotmail.com 


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario