Quenes son?
María del Carmen Rivera, fundadora de Pementos Carmucha, foi unha pementeira dedicada ao cultivo e á venda directa de pementos. Ata pasados os seus 90 anos, ela mesma dedicábase a contar á man os pementos que enchían as bolsas de Pementos Carmucha xa que antigamente vendíanse por unidades, non por peso.
En 1962, fundou xunto ao seu marido Casa Dios, taberna situada en Herbón. Así que, se queres degustar os orixinais Pementos Carmucha preparados dunha forma tradicional, este é o lugar idóneo.
Carmucha Lago, filla de María del Carmen é pementeira de segunda xeración. Segue co legado da súa nai cultivando e vendendo pementos e outras hortalizas no mercado dominical de Padrón. Con toda unha vida dedicada ao cultivo, é toda unha experta no que se refire a hortalizas e por suposto a pementos de Herbón, xa que coñece a terra como ningunha outra persoa.
José Manuel Ferro, a cara máis visible da súa marca. Neto da fundadora e fillo de Carmucha. Jose Manuel, encárgase de dar a coñecer ao mundo enteiro Pementos Carmucha, a través de colaboracións con diferentes marcas e creando novos produtos, como a súa deliciosa confeitura de pementos ou o seu exquisito pemento de Herbón.
Cada rama familiar ou casa posúe a súa propia semente. Os agricultores locais van mantendo e seleccionando as mellores plantas, e adaptando as técnicas de produción ás condicións do chan onde se cultiva ofrecendo como resultado un produto extraordinariamente ligado ao medio e cunhas excelentes calidades culinarias.
O ámbito xeográfico da zona de produción amparada pola DOP " Pemento de Herbón" coincide coa do seu acondicionamento e envasado, estando constituída polos seguintes municipios: Padrón, Dodro e Rois, pertencentes á comarca de O Sar, situada ao sur da provincia da Coruña, e Pontecesures e Valga, da comarca de Caldas, situada ao norte da provincia de Pontevedra.
Esta área da vertente atlántica de Galicia, está constituída por un conxunto de vales con reducida altitude, delimitados polos ríos Ulla e Sar e protexidos por varias serras e a península do Barbanza, que aislan a zona e proporcionan unhas condicións climáticas e do chan, moi adecuadas para este cultivo.
Pero... como distinguir se un pemento é un auténtico pemento de Herbón?
O auténtico pemento galego é aquel que leva o selo de DOP “ Pemento de Herbón”, “variedade da planta Padrón” na súa bolsa, co logotipo oficial do o seu Consello Regulador, ademais dunha etiqueta coa marca propia de cada produtor envasador e unha contraetiqueta cun código alfanumérico autorizada polo órgano de control.
Ademais, só é auténtico DOP “ Pemento de Herbón” aquel que se comercializa entre o 1 de maio e o 31 de outubro, así que desde logo non pode ser galego todo aquel pemento que vexades noutras épocas do ano nas fruterías e fóra desas datas.
Contacto:
Pementos Carmucha
Herbón – Padrón
Teléfono: 649 21 81 35
E-Mail: pementoscarmucha@gmail.com
0 comments :
Publicar un comentario