1500 convivium
en todo o mundo
Home » » A Casa de Lucho

A Casa de Lucho

Presentámosvos a Diego Maroñas, un xalleiro apasionado pola vida do rural e pola avicultura, e máis en concreto, polas Galiñas Piñeiras, que son a base de A Casa de Lucho

Forma parte dun proxecto de recuperación desta raza no que cría, selecciona e conserva a Galiña Piñeira dentro dun patrón morfolóxico. Pertence a un grupo de máis de 50 criadores que se agrupan baixo o amparo da Asociación de Produtores de Galiña Piñeira (Agalpi) para dar un impulso a esta raza e lograr que a estas galiñas con ascendencia salvaxe se lles conceda o título de raza autóctona.


A parte desta raza, tamén cría outras como poden ser a Galiña de Mos, Sedosas, Moñuda Holandesa ou Java. Eso si, intentando sempre que os seus animais gozen de liberdade e dunha boa alimentación.



Contacto:
Diego Maroñas Amarelle
Lugar: Castriz - Santa Comba 
Tlfno: 689743064

SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario