1500 convivium
en todo o mundo

Cervexas Meiga

A mestura dos procesos antigos, desenrolados polos eruditos nos mosteiros, e o seu afán de mellorar o proceso pra obter unha bebida mellor, son as bases nas que se sustenta a filosofía empregada por MEIGA.


A búsqueda da excelencia emprendida no seu obradoiro céntrase en tres aspectos clave:
  • Na complexa e exquisita mestura de maltes, lúpulos e ingredientes selectos pra crear unha cervexa artesá única.
  • No coidado que poñemos durante todo o proceso para obter unha cervexa natural, sen pasteurizar e sen aditivos artificiais.
  • Na recuperación das técnicas tradicionais, unidas a vantaxe tecnolóxica actual.


Produtos



MEIGA Panadeira (Special Weizen)


Cervexa Especial de Trigo, 5 maltes (de trigo, orxo e avea) e 2 lúpulos.

Notas a prátano e a cravo propias polo tipo de fermentación empregada. Marida moi ben con productos do mar.


MEIGA Alborada (American Brown Ale)

Cervexa torrada estilo americano, 6 maltes (de orxo e trigo) e 3 lúpulos. Unha cervexa que combina á perfección con carnes á brasa e guisos.


MEIGA Muiñeira (Belgian Speciality Ale)

Cervexa Torrada estilo Belga, 5 maltes (de orxo, trigo e avea) e 2 lúpulos. Combina moi ben con todo tipo de pratos de moita carga aromática ou de sabor intenso, coma os queixos curados ou azuis.


MEIGA Carreteira (Extra Porter Stout)

Cervexa Negra estilo Inglés, 10 maltes (de orxo e avea), 3 lúpulos e raíz de regalicia. Combina moi ben con todo tipo de doces na sobremesa. Unha cervexa con moito corpo, que soe estar mellor canto máis tempo teña na botella.


MEIGA Tambo (Session Indian Pale Ale) Edición Limitada

Cervexa loira de sesión, 4 maltes (de orxo, centeo, trigo e avea) e moitos lúpulos en variedade e cantidade (2019 con lúpulos CITRA, SIMCOE e EKUANOT de protagonistas). Idónea para o vermú ou o aperitivo; ademáis, combina moi ben cos mariscos.


MEIGA Antergos (Enxebre Pale Ale) Edición limitada

Cervexa dourada enxebre, con 3 maltes de orxo e 3 lúpulos da Nosa Terriña Galicia. Idónea para rematar unha dura xornada de traballo; ademáis, combina moi ben co marisco de cuncha.


ABELLEIRA (Honey Ale) Edición Limitada

Cervexa torrada con 3 maltes (de orxo e avea), 2 lúpulos e mel de castiñeiro do lugar de Campolameiro (Pontevedra). Colaboración con Apícola Regueira. Ideal para tomar con carnes á brasa e sobremesa.


MEIGA Xabaripa (Farmhouse Indian Pale Ale)

Cervexa dourada de 6º. Aroma a froita madura. Sabor a limón, laxanxa e pexego con matices resinosos. Un amargor notorio e agradabel para unha IPA moderna con corpo lixeiro.

Idónea para o vermú ou o aperitivo; ademáis, combina moi ben cos mariscos.




Contacto:


Herederos de BSA, S.L.
Calle Valiña nº 15 BAJO C.P. 36163
Poio (Pontevedra)
Email: info@cervezasmeiga.com
Web: cervezasmeiga.com
Teléfono fixo: 886160705 (L a V de 9:00 a 18:00).
Móviles: 605285878 (Luís) e 635541446 (Andrés)

Cada 15 días participan no Mercado Labrego dos Tilos.



SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario