1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Horteamus

Horteamus

Carlos de "Horteamus" pranta sen usar ningún tipo de herbicida. Recolle os restos de comida de restaurantes (coma o noso Km 0 Next Door) para facer o compós. As hortalizas non pasan por cámara, xa que son recollidas o mesmo día de entrega ou o día anterior.

Non usa auga da traida para a rega se non auga de pozo e de regato procedente dun río, por ter un pequeno embalse na finca, e para aproveitar tamén a auga da chuvia. Ten unha clientela de particulares á que lle leva o produto a domicilio, usando só papel, eliminado así o uso de bolsas plásticas para contribuír ó medio ambiente.


Actualmente en plantación e produción ten: tomate, cabaza violina, cabaciña, berenxena, leituga, perexil, pemento verde, pemento vermello, pemento amarelo, brócoli, col de Bruselas, kale lombarda, nabizas, grelos, repolo, cebola, ceboleta, allo porro, faba...


Contacto:
Teléfono: 604 00 78 56
E-Mail: infoescasero@gmail.com
Lugar: A Coruña


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario