1500 convivium
en todo o mundo
Home » , » Bodegas Antonio Saborido

Bodegas Antonio Saborido

De ser unha adega tradicional ao uso ata o ano 2007 na cal se vendía a produción caseira de viño como en moitas das casas veciñas, sofre a partir deste ano unha profunda transformación para modernizar e profesionalizar a produción vinícola, mantendo a esencia do tradicional pero garantindo que durante o proceso produtivo non se alteren dalgunha maneira os sabores e matices do viño. Ademais de que ao tratarse toda a nosa produción actual de viños novos,  estes elabóranse mellor en metal e non en barricas de madeira.

A súa produción de uva actual pasa por 1.500 litros de mencía, 2.000 litros de caiño, 4.000 litros de albariño e 1.500 litros de raposo. Os seus viños á venda actualmente teñen unha proporción de 60% de albariño e 40% de raposo, na súa modalidade de branco, e 65% de mencía e 35% de caiño, no caso da variedade tinto.


Os Viñedos


Os viñedos, parte deles prefiloxéricos, e a adega atópanse inscritos na Indicación Xeográfica "Viños da Terra do Barbanza e Iria". Esta indicación foi regulada no 2007. A propósito de que parte da forza dun viño pasa por adherirlle selos de calidade, a nova creación desta Indicación Xeográfica nace co espírito de superación e a esixencia por conseguir unha mellora continua. Cunha regulamentación coidada, o control do seu cumprimento é rigoroso co fin de garantir a comercialización deste caldo de grandes excelencias.

Xa antigos escritores e poetas galegos alardeaban de bo saber dos viticultores da zona. "Adegas de  Calidade de Antonio Saborido López" é unha adega artesanal de nova creación que nace tras case 35 anos de actividade vitícola do propietario. Coa ilusión de participar nun proxecto ambicioso, o viño Xirpín elabórase de maneira tradicional, sen adicción de produtos químicos, buscando que a esencia deste terreo non se perda no proceso de elaboración.

Estes factores determinantes fan deste viño un caldo elaborado con coidado e mimo, sen présas e deixando que flúan cheos de sabores.

Os viñedos distribúense en espaldera, cubrindo as parcelas dun manto verdoso que nos lembran ás cores da Galicia máis rural.

O proceso de recolección da uva é manual. Desta maneira conséguese realizar unha primeira clasificación dos acios no viñedo. A superficie total da explotación é de 1Ha, distribuída en 5 parcelas.

O traslado da uva colleitada á adega realízase en caixas de 20Kg. con buracos que aseguran que non se produza unha primeira  oxidación da uva.

É unha época de máxima actividade na comarca, con traslados constantes da uva en tractores. Polos recordos e o pintoresco da escena, acostumbra a ser unha estampa moi fotografada polos turistas que nos visitan coincidindo co período de vendima.


Os seus viños



Contacto:
E-mail: info@bodegasantoniosaborido.com
Teléfono: 649 987 012
Lugar: Esteiro (Boiro)



SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario