1500 convivium
en todo o mundo

Alcrique

Alcrique é un proxecto rural sustentábel que recupera a tradición atesourada. Visualizan no rural galego unha forma de vida respectuosa, natural e rica en conceptos e ensinanzas.

Alcrique Dispón De Hortas En Tres Terreos Traballados Onde Cultivan Os Seus Produtos. Son tres terreos que levan na súa familia xa moita vida. Atesouran historias e vivenzas, incluso algunha historia comun ao patrimonio cultural galego. O Laranxo é unha extensión de 7000 m². Está situado na parroquia de Bertola, Vilaboa. É unha terra limoareosa usada pola tradición familiar para plantar especialmente horta e millo. Tense empregado ademais para amorear as espigas do millo recollidas do resto de veigas, xa que esta é a máis próxima a casa. Seguidamente, A Carballeira, tamén en Bertola, é unha parcela dedicada a árbores froiteiras. A Granxa de Tomeza é unha estensión de hortas dunha hectaria a prado. Nela viven as súas vacas cachenas. Alí teñen situado tanto o viveiro de planton para comezar a tempada, como a horta de herbas medicinais.


Está Situada Na Parroquia De Tomeza Do Concello De Pontevedra E No Barrio De LusquiñosO Val dos Gafos, nos concellos de Vilaboa e Pontevedra. Contén as propiedades familiares que atesouran toda a tradición labrega da zona e a liña histórica do pasar do tempo. Ao borde do camiño de Santiago, pretenden manter a estrutura tradicional da terra e das hortas, polo que valorizan o minifundio como un valor engadido do seu traballo. Contan cun pomar cheo de mazas saborosas así como dúas parras tradicionais de viñedo incorporado na IXP Ribeiras do Morrazo. Tamén contan cunha parcela onde viven tanto as súas mellores amigas (dúas vacas cachenas) como as súas mellores traballadoras (as abellas). Cultivan os aromas e as sensacións para elaborar as infusións e a súa cesta de produtos das hortas.


Produtos. Horta de tempada. A partir de xaneiro comezarán a producir e comercializar as súas propias marmeladas.


Puntos de venda. Venda directa en mercados e na nosa tenda situada en Vilaboa, plataformas online (a súa web, agroboca, benmercado).



Contacto:
E-mail: alcrique.eco@gmail.com
Teléfono: 697 221 257
Dirección: Lusquiños 19, Tomeza (Pontevedra)



SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario