1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Finca Norte

Finca Norte

Chámase Natalia e é a creadora deste proxecto. Todo comezou nunha finca de Negreiroa en 📍 Negreira (A Coruña), chamada Finca Norte. Despois de moitos traballos iniciais, segue esforzándose día a día para obter os mellores resultados.

A súa intención é a de ofrecer os mellores produtos que nos dá a terra, coa fin de que estes se vendan na súa cercanía, empregando un método de cultivo sostible, respectando todos os ciclos de vida, tanto das plantas, como dos animais asociados ao crecemento dos seus produtos. 

Está aberta a todo e gústalle probar variedades diferentes de cultivo para investigar pero tamén ofrecen toda gama básica da horta como son os tomates, leitugas, pementos, kale, coles de Bruselas e moito máis…

Vive e traballa para o campo: "non sabería vivir nin traballar en algo que non estivera relacionado co contacto coa terra. Esta maneira de vivir é o meu estilo de vida e xa o refrán o di… elixe un traballo que che guste e non terás que traballar ningún día máis”. 


Por este motivo, a súa formación estivo sempre relacionada co traballo de campo. Estudou un FP superior de Forestais, o que sempre lle permitiu traballar en empresas na relación campo-traballo. Aínda que o que ela tiña claro dende sempre era ter o seu proxecto de produtos hortícolas e frutais. Despois duns anos dando voltas, aquí está o resultado: un proxecto do que se pode gozar e vivir ao mesmo tempo.


DATOS DE CONTACTO
Natalia Buela
Ubicación: Parroquia de Negreiroa (Negreira)
E-mail: natalia.buela@hotmail.com 
Teléfono: 615 07 93 08

SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario