1500 convivium
en todo o mundo
Home » » A Alianza de Cociñeiros

A Alianza de Cociñeiros

A Alianza é unha rede que agrupa a cociñeiros de todo o mundo comprometidos coa defensa da biodiversidade, os saberes gastronómicos tradicionais, as culturas locais e os produtores que os preservan.


Os cociñeiros xogan un papel fundamental na salvaguardia da diversidade biolóxica e cultural da nosa alimentación. Eles son os mellores interpretes dos seus terruños respectivos e poden poñer en valor os produtos locais con sabedoría e creatividade, dando a debida importancia aos custodios da biodiversidade.

Os obxectivos da Alianza son:

  • Estimular a posta en marcha e o fortalecemento de relacións directas (de traballo, colaboración, amizade, solidariedade) entre cociñeiros e produtores;
  • Poñer en valor os produtos dos Baluartes, da Arca do Gusto e das pequenas producións locais "boas, limpas e xustas", salvagardando así a biodiversidade agroalimentaria en perigo de extinción;
  • Recomendar e apoiar aos pequenos entes agrícolas e artesanais e difundir o seu coñecemento;
  • Promover a adhesión a Slow Food, desenvolver e fortalecer a rede de Slow Food nas comunidades locais aproximando a produtores, cociñeiros e restauradores aos valores de Slow Food;
  • Poñer en valor as tradicións gastronómicas locais e os saberes artesanais;
  • Difundir a conciencia da necesidade de adoptar decisións de consumo sustentables;
  • Apoiar no concreto, a través da organización de eventos de recollida de fondos, os proxectos de Slow Food en defensa da biodiversidade e as actividades da rede de Terra Nai;
  • Trasladar ao concreto (nas súas propias decisións cotiás) as campañas internacionais de Slow Food (como a campaña a favor da pesca sustentable "Slow Fish", ou as campañas contra o malgasto alimentario, contra os OGM, a favor da biodiversidade e dos queixos de leite cru, en defensa das paisaxes agrícolas, etcétera).


Un cociñeiro que se adhire á Alianza determina:

  • Traballar materias primas locais e de boa calidade, proporcionadas por agricultores, pastores, pescadores, charcuteros, panadeiros e artesáns que preservan técnicas e saberes tradicionais, traballando con respecto polo medio ambiente, a paisaxe, o benestar animal. 
  • Poñer en valor as producións virtuosas do territorio, a partir dos Baluartes Slow Food, do Arca do Gusto, das Comunidades do Alimento de Terra Nai, e dar visibilidade, dignidade e valor xusto aos produtores e á súa tarefa. 

SHARE

About Leonor Lorenzo

0 comentarios :

Publicar un comentario