1500 convivium
en todo o mundo

Trigo y Limpio

Trigo y Limpio teñen fariña de trigo da variedade Callobre, o trigo verdadeiramente galego e recuperado recentemente. A auténtica fariña pola o que o pan galego obtivo recoñecida fama fóra das nosas fronteiras, pero que nos últimos anos caera en desuso polas preferencias do sector por fariñas mais rendibles.


A nosa slow fariña non ten aditivos nin conservantes; é moída en pedra e aporta un intenso aroma, color e sabor ás túas elaboracións. Ao tratarse dun ecotipo antigo, non sufríu modificacións para mellorala produtividade, polo que a nosa colleita é pequena pero natural e sen estrés. 


Todo veu polo enfado da avoa coa calidade do pan de hoxe en día e polos recordos sobre o trigo da súa infancia, e tamén polo diferente que era das espigas actuais. Así que decidimos poñernos mans á obra -aproveitando para fuxir das vidas urbanitas-, e apostar por recuperar tradicións, por volver a traballar campos familiares despois de décadas, e por darlle segundas oportunidades a un rural galego que recibe ansioso iniciativas que o dinamicen. 


Contacto:
Web: www.trigoylimpio.com
Email: hola@trigoylimpio.com
RRSS: @trigoylimpio
Teléfono: 625 721 965
Lugar: Pexegueiro (Tui)
Tenda online


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario