1500 convivium
en todo o mundo

Ganados Nay

David Abella López, ou o que é o mesmo, Ganados Nay, nace despois dunha dedicación durante anos, tanto por parte de seu avó coma de seu pai, ao trato de gando e á explotacion leiteira que tamén tiñan na casa. Fai uns 6 anos venderon as vacas leiteiras e incorporaron 68 vacas de raza Rubia Galega, algunha Frisona e Cachena, para a cría de becerros e a súa posterior venda.

A idea de Cárnicas Nay nace das inquietudes dun rapaz que dende fai anos, e despois de rematar os estudos, decide meterse de cheo na empresa de trato de gando e posteriormente ir vendendo becerros en pezas e actualmente vacas.

Todo o que venden sae, en gran parte, da explotación e do que van seleccionando en distintas casas da zona, as cales levan anos vendéndolles o seu gando, o cal está pastando durante todo o día. Logo polas noites, vai para as cuadras e dáselles soamente herba ou millo.

É unha crianza tradicional como sempre se fixo en Galicia a base de pastos, forraxes e cereais. Non son unha grande empresa, pero o que teñen moi claro é a orixe e o trato da mercancía.


Contacto:

David Abella López

Enderezo: C/ Fernando de Castro 38, 27600 Sarria (Lugo)

E-mail: ganadosnay@gmail.com

Web: carnicasnay.com 

Teléfono: +34 608355434 


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario