Slow Food é unha asociación ecogastronómica que promove unha "nova gastronomía" entendida como expresión da identidade e a cultura, desde un enfoque multidisciplinar que defende o pracer vinculado ao alimento, reflexiona sobre a educación do gusto e o dereito ao goce cun novo sentido de responsabilidade, tendo en conta o equilibrio co ecosistema, a defensa da biodiversidade agroalimentaria e o compromiso ético cos produtores.
Slow Food foi fundada en 1986 por Carlo Petrini na cidade italiana de Bra, co obxectivo inicial de contrarrestar os efectos do fast food e o fast life que estaban socavando os hábitos saudables de alimentación e de estilo de vida, propiciando a desaparición das tradicións gastronómicas locais, o desinterese xeral pola nutrición, as orixes e sabores dos alimentos.
Slow Food entende que a "nova gastronomía" baséase na liberdade de elección e na educación, porque a comida é un pracer que require toma de conciencia e responsabilidade. Aspira a un mundo onde todas as persoas poidan gozar dunha alimentación boa para elas, quen as produce e o ambiente, aproveitando os recursos da mellor maneira posible e sen despilfarros.
A calidade alimentaria representa calidade de vida e para iso Slow Food insiste na defensa das diferenzas culturais territoriais e rexionais, ao estar intimamente ligadas á herdanza alimentaria, histórica e cultural. Estas formulacións fomentan unha nova lóxica de produción e consumo de alimentos que han de ser Bos, Limpos e Xustos.
Slow Food conta con máis de 100.000 membros en todo o mundo e está presente en máis de 160 países, con estruturas nacionais en Italia, Alemaña, Suíza, Estados Unidos, Xapón, Reino Unido e Holanda.

0 comments :
Publicar un comentario