O Devalo é unha horta agroecolóxica que comezou a súa andadura alá polo ano 2015, co obxectivo de producir hortalizas frescas, tanto en exterior coma en invernadoiro. No trascurso destes anos, e co espíritu de mellorar, foron incorporando outro tipo de cultivos e buscando novas vías de negocio.
Por que ese nome? Escolleron o nome de O Devalo coma un guiño aos seus avós labregos, que lle daban moita importancia á lúa nas labores do campo. O Devalo é cando a lúa está na menguante, o cal é un momento propicio pra moitos traballos na terra.
Hoxe en día cultivan variedades locais, variedades herdanza doutros países e están a introducirse na produción de follas novas e xermolos.
A inquietude pola busca de novas vías de mercado, levounos a dar os seus primeiros pasos na decoración de eventos con vexetais.
A súa finca está situada en Picoi, unha pequena aldea do interior da Coruña. Contan cunha extensión de 2,5 hectáreas onde viven e traballan. O seu obxectivo principal, é o coidado da terra. Fan unha agricultura sustentable onde intentan producir todos os insumos necesarios pra os seus produtos. Esta filosofía levounos a inscribirse en Craega e a comercializar en "curtocircuitos".

Nesta horta ofrécese os seguintes produtos, aínda que están ampliando a superficie de invernadoiro e variedades a cultivar: tomate (negro de Santiago, avoa de Osedo e apimentado), faba (asturiana e verdina), pataca kenebec e baraka, cebola de Betanzos e ceboleta, cabaza guernica e cacahuete, kale riza e kale nero di Toscana (variedade herdanza italiana), repolos picudo e col de Milán, coles de Bruxelas, nabizas e grelos (de Monfero, de Lugo e de Santiago), acelgas (amarela, verde, laranxa, vermella e rosa), cenoura (laranxa, amarela, vermella e púrpura), coliflor, brécol, bimi, sprouting brocoli, amorodos, pementos (de Oimbra, de Padrón, morrón e de piquillo), porros, escarola, leituga, remolacha, rabaniños (vermellos, rosas, brancos e amarelos), rrigo do país, centeo do país, chícharos, chícharos bágoa, tirabeques, cogombros, calabacín, xudía e berenxena.
Contacto:
Lg. Picoi, 3 - CABRUI - 15685 - Mesía (A Coruña)
Teléfono: 654 502 332
E-mail: amoitaldavila@gmail.com / hortadevalo@gmail.com
0 comments :
Publicar un comentario