1500 convivium
en todo o mundo
Home » , , » Jorge Peláez: "Unha botella do noso viño nunca chega para dúas persoas"

Jorge Peláez: "Unha botella do noso viño nunca chega para dúas persoas"

Jorge Peláez, é o responsable de márketing e vendas de Bodegas Marqués de Vizhoja. Pero ademais, tamén é un dos propietarios, segunda xeración xa, que segue a traballar na empresa fundada por seu pai fai xa máis de 50 anos. Estas bodegas onde tamén traballan Javier e María, seus irmáns, dan traballo a unhas 30 persoas na contorna de Arbo. Falamos con el sobre a súa labor. 


- Cando comezaches con isto?

Ao chegar dos EEUU despois de estar alí varios anos estudiando, comecei a traballar nunha distribuidora. Estiven alí durante uns 6 meses e a partir daquí xa me incorporei á bodega para levar toda a parte comercial. A primeira saída foi a Ferrol; botei unha semana en Ortigueira vendendo viños por tódolos bares.

Son a segunda xeneración da Bodega cuxo fundador foi meu pai Mariano Peláez. A marca saeu no 1968 pero el xa traballaba nunha tenda de ultramarinos en Bouzas onde comezou co meu avó a mezclar viños e a vendelos por cuncas. Ata que un bo día, el dicía que precisaba outro bar que vendera o seu viño. Colleuno e probou diferentes marcas, entre elas a de Benjamín del Condado. Un amigo comprouno e presentouno, sen que o soubera D. Mariano, a un concurso de viños en Salvaterra, onde gañou o primeiro premio, o cal tiña forma de folla de parra. Logo, en outubro do 1968, fundou a marca Marqués de Vizhoja á cal lle puxo de distintivo unha folla de parra e un rodaballo, este por ser o peixe máis representativo de Galicia e tamén como un guiño ao maridaje entre os viños blancos e o pescado”.


- Que che diferencia dos demais?

O Torre la Moreira e o Señor da Folla Verde, son viños exclusivos que saen dos nosos viñedos. Temos moito coidado e mimo dos nosos produtos e a presentación é un dos nosos puntos fortes. Ademais hai que ter en conta o entorno no que está cultivado (O Val do Condado do Tea), o terroir, o solo no que medra a pranta, que é puro granito, con moita mineralidade, o microclima do val é idóneo para unha maduración e acidez equilibrada … e só ten un problema o noso viño, e é que unha botella nunca chega para dúas persoas”.


- Por que apostar pola D.O. Rías Baixas?

Meu pai foi unha das 14 persoas que comezaron todo nos anos 80 ata que finalmente se firmou no 1987. Un ano despois xa tivemos a primeira añada de Rías Baixas”.


- A quen lle vendedes principalmente? A quen vai dirixida a vosa produción?

Temos case todo enfocado á hostalería e tendas especializadas.  O Señor da Folla Verde e o Torre la Moreira, véndense tamén no exterior: Estados Unidos, Puerto Rico, Xapón, Holanda, Alemaña, entre outros”.


- Que tal no confinamento? Como foron as vendas?

Pois dado que a hostalería estivo pechada, as vendas do Torre la Moreira e O Señor da Folla Verde foron nulas. O Marqués de Vizhoja, o único viño que vendemos en supermercados, subeu bastante. Grazas a esto, logramos un equilibrio”.


- E como vos vai actualmente?

Agora recuperamos parte das vendas a hostalería, máis floxiño que outros anos porque hai menos consumo e tamén menos turismo. Pero vaise recuperando”.


Por último... tedes algún control de plagas biolóxico?

Si temos. Incluso temos o noso propio equipo na Bodega e tamén temos un técnico externo, que ven doutra empresa. A partir do mes de xaneiro e febreiro que xa terminou a poda, cada 15 días facemos inspeccións visuais de campo. Non usamos herbicidas desde xa fai varios anos. Tratamos de ser o máis sostibles posible co medio ambiente”.


OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

As producións certificadas coa D.O. Rías Baixas, fan as seguintes aportacións para acadar os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible da ONU:

Axudan a acabar coa fame (ODS 2) xa que...

2.3 Axudan a mellorar a produtividade agrícola e os ingresos dos pequenos produtores alimentarios, en particular os dos agricultores familiares, aportando recursos, coñecementos, e xerando mercados e oportunidades de valor engadido para a súa produción.

2.5 Axudan a conservar a diversidade xenética mediante o emprego das variedades tradicionais de uvas da rexión, estando acotada a produción de viños dentro desta denominación á utilización das mesmas.

Loitan por un traballo decente e un crecemento económico (ODS 8):

8.2 Aumentan a produtividade da súa empresa empregando sistemas de modernización tecnolóxica e innovadores.

8.3  Promoven políticas orientadas ao desenvolvemento que apoian as actividades produtivas, a creación de postos de traballo decentes, o emprendemento, a creatividade e  a innovación, e fomentan a formalización e o crecemiento das micro, pequenas e medianas empresas.

8.9 Promoven o turismo sostible, baseado no atractivo etnolóxico, que pon en valor a cultura e os produtos locais da súa zona. 

Axudan a construír cidades e comunidades sostibles (ODS 11), xa que...

11.4 Axudan a protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo ao traballar na conservación das variedades tradicionais e as técnicas tradicionais asociadas ao seu manexo. 

11.a Apoian os vínculos económicos, sociais e ambientais positivos entre as zonas urbanas, periurbanas e rurais fortalecendo a planificación do desenvolvemento rexional xa que manteñen vivo o rural e abastecen de alimento as cidades próximas.

Favorece a produción e consumo responsables (ODS 12):

12.5 Tratan de minimizar os refugallos que son xerados pola súa actividade mediante a reutilización dos sobrantes, como a poda para facer compós, ou o bagazo reintroducido na cuba de fermentación. 

12.b Favorecen a elaboración de ferramentas para fomentar o desenvolvemento sostible, xa que facilitan unha localización exacta da produción e xeran un turismo sostible na contorna que promove o patrimonio cultural e os produtos locais.  

SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario