1500 convivium
en todo o mundo
Home » , , » Alejandro Martínez: "As abellas son seres vivos importantes e fundamentais"

Alejandro Martínez: "As abellas son seres vivos importantes e fundamentais"

Alejandro Martínez está á fronte dunha cooperativa familiar, Condado-Paradanta S.C.G., na que tamén traballan outras tres mulleres (Lucía González, Ángela Rodríguez e Thayré Iglesias) e na que contan con Fran Sotelino como asesor gastronómico. Producen unhas dez toneladas de requeixo ao ano e envasan outras cinco de mel. Son envasadores autorizados dentro da IXP Mel de Galicia.


- Cando comezaches con isto?

No ano 1996 constituímos a cooperativa. Xa estaba perdida a apicultura aquí, en As Neves, e desenvolvémonos a través de cursos de formación con apicultores profesionais de Galicia asociados á Asociación Galega de Apicultura. Formámonos, introducimos as abellas e estivemos desenvolvendo a apicultura con bastante éxito ata agora que apareceu a velutina”.


- Que che diferencia dos demais?

No que se diferencia o mel que envasamos na cooperativa, é que é de pequenos e sabios apicultores que tratan ás súas abellas como seres vivos importantes e fundamentais que son. Sobre todo queren ás abellas e o premio que obteñen é seu ben facer: o seu mel”.


- Por que apostar pola I.X.P. Mel de Galicia?

Os primeiros anos non estivemos porque o mel da IXP non tiña o mesmo valor fóra de Galicia que ten agora. Actualmente si é un mel moi valorado. E despois permitiunos a exportación porque avalábao un certificado que é a IXP Mel de Galicia. No ano 2010, cando nos integramos nela, pretendíamos facer unha viaxe organoléptica por Galicia a través dos seus meles”.


- A quen lle vendedes principalmente? A quen vai dirixida a vosa produción?

O noso principal cliente é a hostalería, tendas independentes (delicatesen e gourmet) e o consumidor final”.


- Que tal no confinamento? Como foron as vendas?

Baixáronnos moitísimo porque máis do 80% dos nosos clientes son da hostalería”.


- E como vos vai actualmente?

Queremos coller e vender directamente ao consumidor, incrementar as súas vendas a través da venda online. Por eso redefinimos o modelo da cooperativa e solicitamos unha subvención ó IGAPE para internacionalizar dixitalmente a cooperativa que serve tanto para o comercio exterior coma para o nacional. Con isto pretendemos diversificar máis o noso cliente para evitar que volva a pasar o do confinamento”.


- Á hora de escoller os provedores da Cooperativa, que requisitos tedes en conta?

“Escollemos os produtores porque tratan ben ás abellas. Coñecémolos en persoa, miramos como é o seu procedemento e o sabor da mel. Agora mesmo temos produto da zona de Samos, é a que nos queda xa que entre que non vendemos e non fomos ás feiras, quédanos case a metade da produción”.


- Que tipos de meles tedes a día de hoxe?

Eu collo mel dos apicultores. Vou a buscala, probámola e metémola nun bidón. Cada bidón ten só a mel dun apicultor. Agora mesmo soamente temos unha mel á venda, que polas condicións nas que está, ten bastante silva. Nós non escollemos se é monofloral ou multifloral, senón o mel dun sitio e dun determinado apicultor. Desta forma, dunha colleita a outra pode variar o tipo de mel. Por exemplo, en maio saeu unha partida para Londres e xa lle dixen que o que lle iba era diferente ao ano anterior porque desa zona, que este ano non tiveron apenas castiñeiro. Nós falámolle aos nosos clientes da historia dese mel: como se consigueu, porque é así, onde traballan as abellas e quen é o apicultor. Nós metémolle un librillo onde explicamos as características, cales son as condicións, de que zona son e marcamos nun mapa de Galicia a súa ubicación xeográfica e o nome do apicultor, entre outras cousas. Podemos resumilo en mel galego multifloral”. 


OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

As producións certificadas coa IXP Mel de Galicia, fan as seguintes aportacións para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU:

Axudan a acabar coa fame (ODS 2) xa que...

2.1  Proporcionan un alimento accesible á maioría das persoas, cun alto valor nutricional, que aínda que teña un estacionalidade na produción, ao non ser perecedeiro está en bo estado para ser consumido durante todo o ano. 

2.3 Axudan a mellorar a produtividade agrícola e os ingresos dos pequenos produtores alimentarios, en particular os dos agricultores familiares, aportando recursos, coñecementos, e xerando mercados e oportunidades de valor engadido para a súa produción.

2.4 Aseguran a sustentabilidade dos sistemas de produción de alimentos por medio de prácticas resilientes que aumentan a produtividade; contribúen ao mantemento dos ecosistemas; favorecen a adaptación ante o cambio climático e os fenómenos meteorolóxicos externos, e melloran progresivamente a calidade do solo, xa que restrinxen os productos químicos que se poden empregar na súa extracción e miran sempre pola calidade de vida dos animais na colmea. 

Loitan por un traballo decente e un crecemento económico (ODS 8):

8.3  Promoven o desenvolvemento das empresas, por pequenas que sexan, fomentando o emprendemento e a súa profesionalizacion. 

8.4 Melloran a produción e o consumo eficientes dos recursos e procuran desvincular o crecemento económico da degradación do medio ambiente, conforme ao Marco Decenal de Programas sobre modalidades de Consumo e Produción Sostible.

Axudan a construír comunidades sostibles (ODS 11), xa que...

11.4 Dende a IXP do Mel fan unha labor de salvagarda do patrimonio cultural e natural da súa contorna, xa que dende a súa normativa avogan por traballar segundo as técnicas tradicionais do manexo das abellas. 

11.a Axudan a unha cohexión territorial, favorecendo o vínculos económicos, sociais e ambientais positivos entre as zonas urbanas, periurbanas e rurais. 

Favorecen a produción e consumo responsables (ODS 12):

12.2 Traballan baixo a xestión sostible e o uso eficiente dos recursos naturais.

12.3 Favorecen a redución do desperdicio alimentario polo manexo da súa produción, por xerar cadeas cortas de distribución na súa comercialización e pola propia natureza do alimento que non é perecedeiro. 

12.4 Fan unha xestión ecolóxicamente racional dos produtos químicos que empregan, xa que minimizan os produtos que poden empregar no manexo da colmea, a fin de obter un produto sen tóxicos de ningún tipo e unha poboación de animais con mellor calidade de vida.  

12.b Contribúen ao desenvolvemento económico da súa contorna a través da aproveitamento turístico da súa explotación e a conservación do patrimonio ligado á mesma. 

SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario