1500 convivium
en todo o mundo

Campaña "Come Local"

Dentro da campaña “Come Local” levada a cabo por Slow Food Compostela para a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), celebraranse unha serie de eventos gastronómicos pensados para poñer en valor os produtos galegos con certificado de calidade: D.O.P. (Denominación de Orixe Protexida), I.X.P. (Indicación Xeográfica Protexida), D.O. (Denominación de Orixe), I.X. (Indicación Xeográfica) e produtos ecolóxicos de proximidade, como ferramentas de trazabilidade e transparencia para resaltar a orixe do produto.

Unha das iniciativas que se levará a cabo dentro desta campaña, será un pequeno roteiro chamado “Xantares de Vagar”, no que se evocará as catro tempadas gastronómicas e que percorrerá as catro provincias galegas. Comezaremos en Barreiros (Lugo) onde evocaremos os alimentos da primavera. Seguiremos en Compostela onde evocaremos a tempada de verán. O terceiro xantar será en Meaño (Val do Salnés) onde degustaremos alimentos do outono. E por último Allariz (Terras de Ourense), onde se evocará o inverno.


Os asistentes serán única e exclusivamente blogueiros gastronómicos, membros dos consellos reguladores e autoridades pertinentes cun límite de 20 persoas para acollernos ás recomendacións establecidas actualmente pola Xunta de Galicia. Tamén contarase in situ, en cada un dos xantares, cunha experta en Seguridade Alimentaria que nos guiará e se asegurará do correcto cumprimento do protocolo que hai que seguir neste tipo de acontecementos.

Outras iniciativas da campaña serán unha charla formativa no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) para poñer en valor este tipo de certificados e tamén unha serie de accións en comedores escolares, entre eles os que xa están distinguidos como Km 0.

Por último, desenvolveremos unha campaña en redes na que presentaremos a algunhas das persoas que forman parte dos consellos reguladores das DOP, IXP, DO, IX e Ecolóxico. Visitarémolos in situ, e entrevistaremos aos seus integrantes para que nos narren a súa labor, poñendo así en valor o seu traballo artesanal e o impacto que conleva na conservación de técnicas tradicionais na maioría dos casos, máis sostibles que as industriais.


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario