1500 convivium
en todo o mundo
Home » , , » Jorge César Carracedo: "Conseguín vender toda a produción no confinamento grazas ó Facebook"

Jorge César Carracedo: "Conseguín vender toda a produción no confinamento grazas ó Facebook"

Jorge César Carracedo está dentro da IXP Tenreira Galega. Casa do Carracedo, atópase na parroquia de Labrada, no concello lugués de Abadín, en plena Serra do Xistral. Nos seus verdes prados e pastizais críase numeroso gando, sobre todo bovino. Fai poucos anos a actividade principal na parroquia de Labrada era a produción de vacas de leite, pero actualmente predomina o gando vacún de carne. Esta familia ten unha granxa dedicada á produción de carne de becerro criada de xeito tradicional.


- Cando comezaches con isto?

Fará preto de 20 anos. Primeiro estiven traballando por ahí por fóra. Logo meus pais estaban a punto de xubilarse e como non teño máis irmáns collín eu o relevo”.


- Que che diferencia dos demais?

Na miña zona todo o mundo o fai moi ben. O que pasa é que eu teño unha serie de controis que lle dan unha maior garantía ao consumidor final”. 


- Por que apostar pola IXP Tenreira Galega?

Eu creo que básicamente dá unha garantía aos consumidores tanto a nivel produtor, como a nivel matadoiro como da trazabilidade do produto. Por eso apostei pola IXP Tenreira Galega Suprema. Unha das condicións é que o becerro ten que mamar como mínimo 7 meses”.


- A quen lle vendedes principalmente? A quen vai dirixida a vosa produción?

Restauradores e clientes particulares aos cales lles reparto eu directamente”.


- Que tal no confinamento? Como foron as vendas?

Fatal. Hostalería cero. Eu vendín algo a nivel particular e a través de contactos que tiña, finalmente conseguín vender toda a produción a través do Facebook. Eu estou afiliado ao Sindicato Labrego Galego e comenteille á rapaza que hai en Vilalba, que non daba vendido os xatos. Eu non persoalmente non teño Facebook. Ela comparteuno e comezoume a chamar xente: Santiago, Coruña, Ribeira, Póboa do Caramiñal, Pontevedra, Vilalba… Podo dicir que grazas ás redes sociais puiden darlle saída á miña produción no confinamento ”.


- E como che vai actualmente?

Agora recuperáronse un pelín as vendas ao reabrir a hostalería. Eso si, vendo menos cantidade que antes e por riba os prezos están máis baixos. Actualmente vendo case toda a miña producción a nivel particular: canal, media canal, cuartos e lotes de 10 kg cun pouco de todo”.

Nos últimos tempos, cando visitamos un produtor, o primeiro en que nos fixamos ao baixarnos  do coche é en como teñen os cadelos. Se o animal está feliz, case sempre atoparemos cousiñas que nos van a gustar porta adentro. O cadeliño de Jorge, Coquiño, era do máis cariñoso. E as súas vacas non escaparon de nós aínda tendo aos becerros a mamar delas. Pouco máis se pode dicir acerca del.


OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

As producións certificadas coa IXP Vacún de Galicia, e baixo o selo de Tenreira Galega, como Casa do Carracedo, fan as seguintes aportacións para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU:

Axudan a acabar coa fame (ODS 2) xa que…

2.3 Axudan a mellorar a produtividade agrícola e os ingresos dos pequenos produtores alimentarios, en particular os dos agricultores familiares, aportando recursos, coñecementos e xerando mercados e oportunidades de valor engadido para a súa produción.

2.4 Aseguran a sustentabilidade dos sistemas de produción de alimentos por medio de prácticas resilientes que aumentan a produtividade; contribúen ao mantemento dos ecosistemas; favorecen a adaptación ante o cambio climático e os fenómenos meteorolóxicos externos, e melloran progresivamente a calidade do solo, xa que traballan nun réxime de gandeiría extensiva, fomentando a conservación das terras, proporcionando unha boa calidade de vida ao seu animal e facendo unha labor de prevención dos incendios tan necesaria no noso país.  Ademais, proporcionan abono para as plantacións agrícolas lindantes que poden empregar o esterco como aporte de nutrientes en detrimento dos abonos de síntese sintética. 

2.5 Axudan a manter a biodiversidade xenética da nosa rexión, xa que traballan con cruces de variedades de gando da nosa terra, que no seu momento foron recuperadas e melloradas para garantir o rendemento das explotacións e asegurar unha continuación da actividade productora máis aló da explotación de subsistencia. 

2.a  Axuda a aumentar as inversions na infraestructura rural, na investigación agrícola e nos servicios de mellora, xa que dende a IXP trabállase asesorando aos produtores e dando información das normativas e innovacións tecnolóxicas. 

Obter auga limpa e saneamento (ODS 6):

6.4 Ao contrario do que nos atopamos nas grandes explotacións intensivas, o gando en extensivo pace libre durante case todo o ano, e só e preciso o aporte de forraxes no crudo do inverno. Durante o resto do ano, a pegada hídrica do consumo é moi baixa, xa que os pastos en Galicia, rara vez precisan rego. 

Loitan por un traballo decente e un crecemento económico (ODS 8):

8.3 Promoven as actividades produtivas, a creación de traballos decentes, o emprendemento e fomenta o crecemento das micro, pequenas e medianas empresas mediante a profesionalización das gandeirías tradicionais facendo que se poidan posicionar nun mercado cada vez máis competitivo.  

8.4 Melloran a produción e o consumo eficiente dos recursos e procuran desvincular o crecemento económico da degradación do medio ambiente, conforme ao Marco Decenal de Programas sobre modalidades de Consumo e Produción Sostibles. Dende esta IXP trabállase na integración territorial da gandeiría coa agricultura dun xeito sustentable, favorecendo a calidade de vida dos animais que crían e o seu entorno co medio que habitan. 

8.6 Coa posta en valor das variedades locais, dende a IXP axudan á creación de emprego e á continuidade das novas xeracións no rural que precisan dunha axuda para posicionarse nos mercados actuais. 

Axudan a construír comunidades sostibles (ODS 11), xa que...

11.4 Dende a IXP fan unha labor de salvagarda do patrimonio cultural e natural da súa contorna, xa que manteñen vivas as variedades tradicionais da zona e conservan o legado patrimonial do seu manexo tradicional adaptado aos tempo actuais.  

11.a  Axuda a unha cohesión territorial, favorecendo o vínculos económicos, sociais e ambientais positivos entre as zonas urbanas, periurbanas e rurais. 

Favorecen a produción e consumo responsables (ODS 12):

12.2 Traballan baixo a xestión sostible e o uso eficiente dos recursos naturais xa que se traballa en extensivo, e os animais aliméntanse maioritariamente do leite das nodrizas. 

12.3 Favorecen a redución do desperdicio alimentario polo manexo da súa producción, por xerar cadeas cortas de distribución na súa comercialización e polo aprovetaimento íntegro que se pode dar aos canais do animais. Pódense vender os distintos cortes e os restos en carne picada ou casqueira. 

12.4 Fan unha xestión ecolóxicamente racional dos produtos químicos que empregan, xa que os residuos biolóxicos que se xeran nesta práctica facilitan a redución de abonos de síntese sintética na agricultura ecolóxica.  

12.8 Contribúen á posta en valor dun xeito de produción sustentable dende a súa labor divulgativa, que fan en grande medida, a través das visitas en redes sociais. 

SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario