1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Quenes somos?

Quenes somos?

Nacemos no ano 2016 despois dunha visita a Italia. Alí foi onde naceu esta filosofía da man de Carlo Petrini e alí e onde se atopa a súa sede central, máis concretamente na localidade de Bra (Piamonte). 

Os convivium Slow Food son asociacións locais que agrupan aos 100.000 socios de Slow Food. Hoxe existen máis de 1.500 repartidos por todo o mundo que defenden a filosofía e a traducen en accións concretas, a partir das súas propias tendencias e da súa propia imaxinación. Cada un dos convivium organiza eventos e actividades. Pero... quen forma parte de Slow Food Compostela?


É importante saber quenes son as persoas que dirixen unha labor tan importante como é a nosa. A continuación, déixámosvos un pequeno resumo da experiencia profesional de cada un dos seus membros, o cargo que desempeñan dentro do convivium e tamén unha imaxe súa para que lles poñades cara.


Leonor Lorenzo Abalo - Presidenta

Licenciada en Administración e Dirección de Empresas, e Máster en Turismo Urbán e Xestión de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Estivo traballando 7 anos nunha consultoría ambiental en Santiago de Compostela desempeñando labores administrativas.

Visto o potencial agrícola e gandeiro que hai en Galicia, decide fundar o convivium Slow Food Compostela co obxectivo de que, entre outras cousas, nos deamos conta do que temos na nosa terra. 

A súa labor é administrativa, dentro do funcionamento diario da entidade, e a maiores funciona coma líder de proxectos. A súa experiencia e formación, é un punto interesante á hora de planificar un produto turístico vinculado á gastronomía ou no manexo das canles de comercialización a través das sinerxías creadas.    



Rocío García Carregal - Secretaria

Licenciada en Ciencias Físicas na USC, fórmase en eficiencia e medio ambiente a través da oficina de desenvolvemento sostible da propia universidade e a formación complementaria, regulada, FP e non regulada que lle permite exercer de consultora ambiental. 

Comeza a súa andadura coa asociación ACIDE, como asociación de alumnos da universidade pero pouco a pouco extrapola a súa actividade no ámbito empresarial. 

Compaxina a súa actividade na asociación con traballos como freelans para terceiros ate formar parte da asociación Slow Food Compostela dende onde traballa como técnico.

A súa labor é de formadora e consultora da asociación. É tamén líder de proxectos e a súa formación científico-técnico permítelle aportar unha visión global sobre o impacto ambiental dos plans desenvolvidos. 

👉 LinkedIn 


Elena González – Consultora de Seguridade Alimentaria

Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Oviedo no 2008, dende maio do 2018 traballa en seguridade alimentaria para pequenas empresas e negocios de alimentación: sistemas de autocontrol, APPCC, rastrexabilidade, alérxenos, etiquetaxe, formación.

Máster en Xestión da Calidade e da Seguridade na Industria Agroalimentaria por IMF Smart Education (2015-2016), Máster en Prevención de riscos laborais, seguridade, hixiene, ergonomía e psicosocioloxía pola Universidade EU San Pablo (2011-2012) e Máster en Enxeñería e Xestión Medioambiental pola Escola de Organización Industrial (2009).

É a responsable de comprobar e deseñar os APPCC ou plans de continxencia precisos para poder levar a cabo as intervencións en restaurantes, comedores ou manexo e transporte da produción primaria. Colabora no deseño e correccións dos proxectos e é a encargada da formación en temas de seguridade alimentaria para os nosos socios. 



Ana María García López – Consultora de sustentabilidade

Grao en Enxeñería Química pola Universidade de Santiago de Compostela (2017) e Máster en Enxeñería Ambiental pola USC (2017-2019). Actualmente é consultora e divulgadora de sustentabilidade e asesora online en “Anacos Sostenibilidad” e acaba de publicar o seu primeiro libro “A tiempo”, un relato curto de ficción climática.
 
Especializouse en pegada de carbono no seu máster de enxeñería ambiental. Actualmente traballa para a asociación como consultora freelans logo de acumular experiencia en diversas consultoras. É a persoa de apoio na execución dos proxectos de longa duración. 

👉 LinkedIn 


Begoña Vázquez Gago – Chef corporativa

Begoña Vázquez Gago (Riós, 1986) pasou cinco anos entre o Beiramar, no Grove, o Portovello, en Allariz, no Pirineo para Pedro Subijana e o Sanmiguel, na cidade de As Burgas, aínda que no seu currículo aparecen apuntados máis de 35 locais.

As elaboracións desta cociñeira autodidacta, baséanse en produtos Km 0, ecolóxicos e de primeira calidade que representan a Comarca de Monterrei. Tamén é agricultora polo que a maioría das verduras proceden da súa propia horta, a cal traballa ela mesma con axuda da súa familia.

Actualmente está ao mando dos fogóns no Regueiro da Cova (Verín) e no Sousón, Taberna Ultramarina na Vila de Monterrei. Tamén, forma parte do equipo de “A Voltas co Prato”, programa da TVG presentado por Fran Cañotas dentro do programa “Quen anda aí?” onde dous cociñeiros teñen que levar a cabo unha receita proposta e cos mesmos ingredientes.



Libia Estévez Santos – Chef corporativa

Despois de rematar os seus estudos de COU decide matricularse na nova escola de hostelería Carlos Oroza en Pontevedra, fai xa 25 anos, cursando ahí 3 ciclos, o primeiro de Servizos o segundo de Panadería e Pastelería é por último o ciclo medio de Cociña. Para seguir formándose, continuou en Santiago para obter o título de “Técnico especialista en hostalería e turismo”.

Fixo as prácticas de empresa fai 23 anos no restaurante Casa Solla en Poio, Pontevedra. Pepe Solla acababa de coller as rendas do restaurante familiar e tivo a sorte de formar parte do seu ilusionante proxecto. Comezou a traballar con el na plantilla de eventos. A día de hoxe ten a responsabilidade da cociña do Pazo de Cea en Nigrán.

Despois de estar en varias residencias da terceira idade, hospitais e algún colexio, no ano 2008 concedéronlle unha vacante no CEIP A Paz-Tintureira, en Coruxo (Vigo), bastante lonxe da súa casa. Con pouco máis de 100 comensais, fai xa 13 anos, a día de hoxe chegan a 200, o que é máis do 90% dos nenos e nenas matriculados no centro.




Contacta connosco:
Tlfno: 630 48 49 44
Estamos en FacebookTwitter e Instagram tamén.


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario