1500 convivium
en todo o mundo
Home » , » Quenes son Tres Fuciños?

Quenes son Tres Fuciños?

"Somos Antón (comercial e secretario da cooperativa) e Isabel (Presidenta da cooperativa). No 2012 decidimos montar un invernadoiro para facer horta orgánica. Os dous viñamos nese momento de traballar en duas multinacionais: Antón de traballar formando comerciales e ademais levando o departamento de visibilidade, e eu era secretaria de dirección e estaba traballando como coach en nutrición tamén para unha multinacional. Chegou a crisis e tivemos q reinventarnos, porque non somos de estar pata sobre pata. Pero... como???


Pois dándolle vida ó rural. Donde? Na Ribeira Sacra, e máis concretamente no concello de Carballedo. Os pais do Antón traballaron moito para deixarlle unhas fincas fabulosas que cando eu cheguei ó pobo estaban cheas de silvas máis altas ca min!!!

Nese 2012 mentras montábamos o primeiro invernadoiro, eu puxen a andar unha hortiña eirada tipo ribeira. Foi todo un éxito pq todo o que prantei foi moi produtivo e sobre todo ver como medraba e daba froitos algo q ti fixeras cas tuas mans. A verdade é que me veu moi ben o que aprendín de pequena ca miña avoa!

No 2013 comezamos co primeiro invernadoiro de 440 metros e á vez, en maio, prantei 1.000 metros en exterior. Nese 2013, había q pensar un nome para a nosa pequena empresa... ese nome foi FROITOS DA HORTA A RULIÑA (o Antón dende q o coñecín chamoume Ruliña, por eso o nome!!!)


No 2015 empezamos co porco celta e montamos outro invernadoiro de 500 metros. Entón ese ano comecei a prantar 2.000 metros fóra e 1.000 de invernadoiro prantando de todo porque o noso cliente é maioritariamente particular.

No ano 2016 xa tiñamos uns cebos feitos e o Antón saíu a vender, pero o que lle dicían os clientes de porco celta era: “e podesme dar continuidade???” A resposta era non!!! Entón pensamos na cooperativa xa que “a min sempre me gustou o traballo en equipo

A partir do 2018 son a Presidenta de Tres Fuciños"



SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario