1500 convivium
en todo o mundo
Home » , » "Go Terractiva" 2022

"Go Terractiva" 2022

Na xornada do 3 de novembro de 2022, tivo lugar no Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, a primeira reunión dos participantes no Grupo Operativo “Go Terractiva” que ten como finalidade estudar os denominados “novos entrantes” nas actividades agrarias, ben como emprendedores ou como asalariados, isto é, persoas non procedentes do ámbito agrario ou nin sequera do medio rural, que optan por incorporarse profesionalmente a proxectos empresariais agrarios.

Ademais da Fundación Juana de Vega, participan no Grupo Operativo: a EFA Fonteboa (coordinadores), a Cooperativa Horsal, , o Laboratorio do Territorio (dependente do Campus Terra da Universidade de Santiago), e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos. E como entidades colaboradoras hai dous produtores agrarios de Abegondo (Eloy Galán e Sergio Boado) e a asociación Slow Food Compostela.

Os traballos do Grupo Operativo prolongaranse durante os próximos dous anos, ata setembro de 2024 e entre outros resultados espérase establecer unha Plataforma SIG (Sistema de información xeográfica) que identifique e localice as terras susceptibles de ser aproveitadas para implementar iniciativas de produción agrogandeira adaptadas ás potencialidades do ámbito local.

As axudas para o funcionamento dos Grupos Operativos son xestionadas desde a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) en coordinación coa Asociación Europea de Innovación (AEI), co obxectivo de fomentar a innovación en áreas rurais prioritarias de actuación, tales como a xestión sostible dos recursos naturais, sistemas agrarios de produción, cadea agroalimentaria, bioeconomía ou aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación ao sector.


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario