1500 convivium
en todo o mundo

Raíña Paraíso

Asociación Raíña nace no ano 2015 en Mesía. A xestación foi moitos anos antes, nun lugar chamado Raíña. De aí o seu nome, que recolle a súa esencia e os mantén cos pés no chan.

Ao principio, o obxectivo era social, xerar oportunidades laborais para persoas do rural. Co paso do tempo descubriron que o seu «soño» era moito máis amplo. Un reto máis apaixonante e esixente: que cada persoa aporte o mellor de si mesma.

E niso seguen: intentando cada día coidar ás persoas, a ti, a min, a eles! Pero tamén ao planeta. A nosa casa común, a Terra, coma se fose súa, sen ser de ninguén. 

Realizan agricultura ecolóxica, fomentando a alimentación saudable, especialmente na infancia e na xuventude. Os seus produtos destínanse fundamentalmente a comedores escolares. 

Comparten a súa filosofía e divulgan os seus valores a través de campamentos, campos de traballo, excursións e cada unha das persoas que entra pola porta.


OS SEUS VALORES...


A importancia das persoas, capaces de xerar o cambio que queren ver.

Gratitude, agradecendo cada día as oportunidades que temos para mellorar.

Contaxiando ledicia, porque un mundo que sorríe é un mundo mellor.

Comprometidos coas persoas e coa contorna na que vivimos.

Poñéndonos no lugar da outra persoa, sen xulgar para non ser xulgados.


PROXECTOS

A actividade principal da Raíña é a produción de agricultura ecolóxica, pero non por iso é a máis importante. Cren que o rural pode ser fonte de oportunidades, un espazo de cooperación e xeración de proxectos únicos e apaixonantes.

Actividades formativas, divulgativas, lúdicas, educativas, obradoiros, …


PROXECTO ECOelas Rural II. Por segundo ano consecutivo levan a cabo diversas actividades e servizos para promover a inclusión das mulleres rurais, mellorar os seus coñecementos e competencias, facilitar a conciliación e dinamizar o rural en feminino.

A Asociación Raíña Paraíso é algo máis que unha horta.. Os seus primeiros pasos estiveron encamiñados á produción de verduras e hortalizas de tempada para comedores colectivos e tendas ecolóxicas. Sempre respectando a terra e os seus ritmos. 

Continúan coa elaboración de conservas vexetais a partir dos excedentes da propia horta pero agora tamén teñen un novo reto: a elaboración de doces vexetais de xeito artesanal, destinados a colectivos con alerxias e intolerancias.

📍 Primicias Raíña na praza de Abastos de Santiago de Compostela, Nave 1, posto 45-46, 15704

Porque o seu soño é coidar as persoas e o medio ambiente a través dun consumo responsable e saudable.

Porque coidándote, coidasme!


Contacto:


Asociación Raíña Paraíso. Escola de Agricultura Ecolóxica 
Vilasantar. A Matés, s/n. 15807, Vilasantar (A Coruña)
☏ 693 74 75 00 | ✉ asociacionraina@gmail.com

SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario