1500 convivium
en todo o mundo
Home » » Eco Experiencias do Craega

Eco Experiencias do Craega

A través das Eco Experiencias do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), daremos a coñecer a produción ecolóxica certificada de Galicia. Farémolo a través dun grupo formado por influencers galegos e nacionais, e deportistas galegos de renome, que poñerán en valor os produtos ecolóxicos das 4 provincias.

O obxectivo destas accións é a promoción dunha alimentación responsable, sostible, respectuosa co medio ambiente e certificada con orixe Galicia.

Para iso, levaremos a cabo 4 experiencias que durarán toda a fin de semana baseadas en produtos ecolóxicos locais e de tempada, con certificación, celebrando a riqueza e a variedade gastronómica que ofrece a nosa comunidade e destacando aquelas praxes e iniciativas máis innovadoras.

Cada experiencia contará cun aforo limitado duns 10 asistentes, sempre con convite previo. Entre os participantes están blogueiras e blogueiros gastronómicos, de viaxes e deportistas galeg@s de renome, que darán visibilidade e recalcarán a importancia de vincular unha alimentación saudable cun estilo de vida tamén saudable.

Belén Toimil, Teri Portela, David Mascato, Antón Ruanova e Amador Pena son algúns deles.  Eles irán acompañandos dos mellores influencers galegos e nacionais a día de hoxe.

Produtores, elaboradores, gastronomía e paisaxe irán da man 🤝


SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario