1500 convivium
en todo o mundo
Home » , » Campaña "Come Local" nos comedores escolares

Campaña "Come Local" nos comedores escolares

Despois da realización dos dous primeiros eventos gastronómicos denominados “Xantares de vagar”, a campaña “Come Local” achégase aos comedores escolares de Galicia. Nesta fase da campaña, daranse a coñecer os produtos galegos con selo de calidade que se poidan adaptar mellor ao menú escolar.

As acción promocionais nos comedores comezarán coincidindo coa celebración do Día Mundial da Alimentación que será este próximo venres 16 de outubro de 2020.  Presentarase a campaña en redes sociais enumerando tamén os comedores escolares participantes. Os centros seleccionados son o CEIP Xacinto Amigo Lera (Portomouro), CEIP Os Muíños (Muxía), CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral) e CEIP López Ferreiro (Compostela), que contan coa distinción de “Comedores Escolares Km 0”. Tamén están dentro da campaña a rede de comedores escolares do Concello de Ames (7 comedores), o Eleven School – Montessori British Education Vigo e as tres E.I.M do Concello de Santiago de Compostela (Conxo, Meixonfrío e Fontiñas).

A maiores da degustación de produto, a campaña complementarase cunha charla por vídeo para que os rapaces coñezan a importancia de consumir produto local e a maneira de identificalo coas etiquetas dos selos de calidade. 

Ademais, farémonos eco da campaña levada a cabo pola FAO #heroesdaalimentacion para deste xeito, axudar aos colexios a participar nos eventos que se van a desenvolver en todo o mundo de xeito simultáneo. Entre as actividades que se van a facer para os máis pequenos, está a participación nun concurso de carteis sobre os heroes da alimentación. Cada neno que queira participar, poderá subir o seu debuxo á plataforma para competir na súa franxa de idade. A maiores, de entre todos os participantes dos coles que participan tamén na nosa campaña, escollerase a un gañador que levará un lote de produtos certificados.

SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario